Un ano máis presentamos a proposta no apartado das actividades de mocidade para os orzamentos participativos do Concello de Santiago para o 2019.
Prestentamos esta proposta para poder seguir difundindo a educación e a tenza responsable dos cans. A parte diso, tamén conseguir unha financiación que nos axuda a poder continuar cas actividades estables de soporte terapéutico e visitas escolares que desenrola o Club.
Temos que pasar a primeira fase e para eso necesitamos o teu apoio. Hai dúas formas:
1 – Inscribíndose na plataforma e dando o apoio á nosa proposta (abaixo enlace de compostela decide)
2 – Enchendo o formulario de inscripción e o listado de apoios que adxunto.
Os papeis cubertos pódesnolos enviar ao Club ou envialos ti por correo a: [email protected]
Na segunda fase só se poderá votar dende a plataforma web e presencialmente nos actos que hai preparados.
Información para votar:
– Estar empadroado en Santiago ou cursando estudos en Santiago. Se non estás empadroado e si que estás estudando en Santiago, hai que adxuntar unha copia da matrícula.
– Idade máxima 35 anos.
– data límite: 27 xullo
