Este domingo 25 de agosto faremos un roteiro polo Monte do Pedroso en Santiago.
Será uns 2 km máis curta do que marca o mapa do Wikiloc, polo que se quedará nuns 8 km. No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre o percorrido.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-pedroso-5295884

Para os que non vaian para o Hipercor, o punto de inicio da ruta será na área recreativa do Pedroso, accédese pola estrada que vai ás antenas, a que non ten saída, e tamén será o lugar donde xantaremos.
Ao longo do roteiro haberá fonte, un par de regatos e un estanque cheo de auga para refrixerar.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 23 de agosto.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en www.cans.gal.









