Roteiro Fervenza das Hortas-Arzúa

Este domingo 9 de xuño, temos un roteiro especial. Acompañarannos alumnos do Colexio Nuestra Sra. del Rosario de Arzúa. Centro no que Só lles falta falar leva desenrolando, cos cans de soporte terapéutico, traballos de apoio escolar.

A ruta a facer será un tramo do Roteiro Fervenza das Hortas (Pr-g 169) en Arzúa.

Adaptarémola a un tramo circular duns 7 km de distancia e de dificultade media-baixa.

Roteiro Fervenza das Hortas_Arzúa

O xantar será na área recreativa de Ribadiso.

No seguinte enlace poderás ver o punto de inicio da ruta:

https://www.google.com/maps/place/42.894104,-8.168607/data=!4m6!3m5!1s0!7e2!8m2!3d42.894104!4d-8.168607?utm_source=mstt_1

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 7 de xuño.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en www.cans.gal.

20 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *