Este domingo 3 de febreiro, volvemos á Central Hidroeléctrica do Tambre. Faremos a prg-1 que se indica no seguinte enlace. A diferencia do roteiro do enlace, no que marca 14 km, nós faremos 10 km, xa que faremos a parte circular duns 8 km e 1 km de ida e volta na parte lineal.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prg-11-27619289
O punto de inicio será a propia Central e a dificultade da ruta será media. No apartado da climatoloxía non nos arriscamos e iremos preparados porque seguramente caia algo de auga.

O xantar será na área recreativa que está ao lado da Central hidroeléctrica. Baixo cuberto. Sembre está ben lever algunha peza de roupa de recambio para poder xantar enxoito.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 1 de xaneiro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en www.cans.gal.








