Category Archives: Saídas

Aproximadamente cada dúas semanas o club organiza saídas dominicais para os socios e cans. Unha oportunidade única para socializar ás nosas mascotas e visitar con elas montes, lagos, praias… e todo o que vos apeteza.

Río Pedras – Pobra do Caramiñal

Este Domingo 31 De Xullo realizaremos a Ruta do Río Pedras. A ruta será tipo MoBo (mochila - Bocadillo) polo que comeremos na metade do camiño.A distancia é duns 13 Km e dificultade moderada. Para o Domingo espéranos un día fantástico, así que, levade bañador para bañarse nas piscinas naturais do río. Para máis detalles…
Máis

Ruta Por Traba_Lousame

Este Domingo 10 de Xullo visitaremos o Concello de Lousame ao lado de Noia. A ruta será por Traba, circular e duns 9 km apróximadamente. Podedes encontrar máis información da mesma no seguinte enlace: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350 Organización da saída: Puntos de encontro: 10:00 diante do Hipercor de Santiago. Para participar na saída é imprescindible apuntarse no…
Máis

Ruta pola Serra do Barbanza

Este Domingo 19 de Xuño percorreremos a Serra do Barbanza. A ruta será circular. Bonito paseo entre muiños e espectaculares vistas á Ría de Muros e Noia.   Organización da saída: Puntos de encontro: 10:00 diante do Hipercor de Santiago. Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club. Data límite: ata o…
Máis

Fin de Semana en Oscos

Este fin de semana desprazarémonos a Oscos para pasar a fin de semana entre osos. O Sábado faremos unha ruta tipo mobo (mochila bocadillo) duns 14 Km apróximadamente. E o Domingo a ruta será curta para poder facer a comida na casa. A partir do Venres ao mediodía pódemos ir para a casa, aquí vos…
Máis