Ruta Monte Viso_8 Marzo

Este Domingo 8 de Marzo realizaremos unha saída moi cerquiña de Santiago de Compostela.

Será polo Monte Viso, onde alcanzaremos un punto xeodésico e poderemos contemplar toda a Cidade de Santiago.

Monte Viso Santiago

Aproveitamos tamé para anunciar as próximas saídas:

– 22 de Marzo: Praia de Rianxo, monte e Lendas Galegas

– 12 de Abril: Ruta Río Pedras, Serra do Barbanza. Ruta MOBO (mochila – Bocadillo)

Ruta polas Fervenzas do Río Valga_22 Febreiro 2015

O próximo Domingo 22 de Febreiro percorreremos o Concello de Valga polos arredores do Río do mesmo nome. Poderemos ver tamén as fervenzas do río Valga e comeros no merendeiro da aldea chamada Aldea de Rois.

Fervenzas Río Valga_Valga

Ruta polos Muiños de Verdes

O próximo Domingo 1 de Febreiro desprazámonos ó Concello de Coristanco para recorrer as beiras do río Anllóns polo Refuxio de Verdes.

Ademáis esta é unha ruta ideal para persoas que non poidan andar moito ou que leven nenos pequenos. Pódemos coller sitio nun dos muiños e ata facer lume.

Mentres o grupo fai a ruta, os que non desexen andar tanto poden quedar no muiño e pasear polos arredores.

Neste enlace poderedes encontrar máis información: http://www.galiciavirgen.es/muinos-de-verdes/

Verdes

Ruta por Rois

Feliz ani novo a todos,

Para entrar en calor comezamos o ano cunha ruta por un monte de Rois do que desconozo o nome, pero que ten unhas fantánsticas vistas ó Val da Mahía.

Despois da ruta comeremos no merendeiro da praia fluvial de Urdilde.

Data: Domingo 18 de Xaneiro

Dificultade : Media

Distancia: 10 Km. aprox.

Val da Mahía

Desensibilización cos nenos de Aspanaes

Nesta ocasión, mostramos unha actividade de colaboración de Só lles falta falar cos nenos do centro de Aspanaes (Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista).

Para facilitar unha mellor calidade de vida destes nenos e dos seus familiares no día a día, membros de Só lles falta falar cos seus cans participan en xornadas de desensibilización cos nenos autistas para que estes lle perdan o medo aos cans.

Se estás interesado en participar nestas actividades ponte en contacto con : [email protected]

Brañas do Xestoso-Forcarei

Para despedir o ano, percorreremos o Concello de Forcarei polas Brañas do Xestoso. Así con esta actividade despediremos o ano, para despois compartir a noite na Cea de Nadal do Club.

Data: Domingo 14 de Decembro

Distancia : 11 km

Dificultade : Media – Baixa

Forcarei

Ruta do Río Dubra / Devesa de Gontar

O próximo Domingo 23 de Novembro acércarémonos ó Concello do Val do Dubra para percorrer o río Dubra.

Ruta circular de dificultade baixa.

Distancia: 10 Km

Se o tempo nos acompaña comeremos no merendeiro de Bembibre que se encontra ó lado da piscina.

http://www.queverengalicia.com/2013/08/senderismo-ruta-do-rio-dubra-devesa-de.html?m=1Ruta Devesa de Gontar_Val do Dubra

Fin de Semana na Casa da Bastida-A Fonsagrada

Chegado Novembro, e coma o ano pasado, teremos outra actividade de fin de semana.

O Venres día 7 voltaremos á Casa da Bastida, unha casa de turismo rural ubicada na Pobra de Burón no Concello da Fonsagrada.

Podémonos ir apuntando xa no Blog e dicindo o que cada un pode levar de comer para unha mellor organización.

Sairemos o Vernes día 7 sobre as 20:00hrs. Realizaremos unha ruta o sábado con comida campestre e outra o Domingo.

Haberá 7 prazas disponibles na furgoneta para os que queiran dispor dela, polo que os que queirades ir nela, mencionádeo.

Casa da Bastida_A Fonsagrada

Para os que vaiades directos á casa podedes entrar no seguinte enlace donde aparece a ruta a seguir:

http://www.casadabastida.com/situacioncasarural.html

A Fonsagrada_2013

Poboado Mineiro do Fontao

Este Domingo 26 de Outubro e seguindo ca integración dos cans na sociedade, estaremos acompañando a Espazos sonoros (http://www.espazossonoros.org/) nun día composto por visita guiada e concerto. O plan é o seguinte:

Lugar: Poboado mineiro do Fontao-Vila de Cruces-Pontevedra

11:00 hrs : Visita guiada polo poboado do Fontao donde nos explicarán todo o que xurdeu en torno ó seu entorno e industria mineira

12:30hrs : Concerto de Xoán Curiel

Poboado mineiro do Fontao

 

 

Fervenza da Férveda

O próximo Domingo 12 de Outubro percorreremos o Concello de Silleda e visitaremos a Fervenza da Férveda.

Fervenza da Férveda_Silledahttp://erbedo1.blogspot.com.es/2013/10/este-domingo-saida-penadauga-ferveda-8.html

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5510852
Distancia: 8 Km
Dificultade: Fácil – media