Magosto 2011

20111119-214113.jpgXa chegou o frío e como non, temos unha nova edición do Magosto do club. Como as cousas hai que facelas ben pensamos que o mellor lugar para celebrar o magosto é a terra das boas castañas, é dicir, Ourense. A isto hai que sumarlle o bo facer da delegación de Ourense que se están a converter nuns perfectos anfitrións, por todo isto o magosto repetirá a ubicación do ano pasado.

O lugar de celebración será a area recreativa de Boutureira, a data o domingo 27 de Novembro.

Durante o día, ademais de comer castañas, poderemos facer unha sinxela ruta polos arredores da área recreativa. Será unha ruta  Ler máis

Saída Sequeiros-Sil

Dende a delegación de Ourense chega unha nova proposta para pasar unha fin de semana cos nosos cans no mes de outubro.

As datas serian as da fin de semana do 14, 15 e 16 de outubro. O destino, os Sequeiros e o río Sil.

O plan para a fin de semana é chegar á casa rural o venres á tardiña, o sábado empregarémolo para facer a ruta de Os Sequeiros e o domingo achegarémonos ata os miradoiros do Sil.

mapa da rota

Adicaremos o sábado a facer a ruta dos Sequeiros Ler máis

Ruta polos parques de Santiago

Comezo da ruta no parque do Paxonal

O domingo 11 de Setembro imos a facer unha ruta polos parques de Santiago. O punto de partida será o parque do Paxonal (o que está por baixo do Hipercor). Dende aí faremos escala en Conxo, logo dirixirémonos cara o Campus. Visitaremos tamén a ruta que transcorre polas marxes do río Sarela que para todos os que non a teñades descuberta é unha ruta espectacular Ler máis

Saída ás Médulas

Imagen Las MédulasEstamos a preparar unha saída de fin de semana ás Médulas, máis concretamente á contorna do lago Carucedo. Imos a quedarnos nunhas cabanas de turismo rural que ademais serán o centro das camiñatas para que así tamén se animen os socios con menos “afección ” a andar.
O prezo das cabanas dependerá da cantidade de xente que estea apuntada. Iso si, os que queirades que o Ler máis

Curso de Rastrexo

curso rastrexo
curso rastrexo setembro 2011

Comezamos o curso!

O próximo mes de Setembro teremos un curso de rastrexo. O horario do curso é a partir das seis da tarde e o punto de partida será o parque do Paxonal.

Como sabedes estes cursos tratan de ensinar ós nosos cans a seguir un rastro, xa sexa dun obxecto ou mesmo unha persoa. Por iso non só imos precisar que se apunten todos aqueles que queiran que o seu can aprenda a restexar ( ou a mellorar a súa técnica claro! ) senón que tamén precisamos xente que se apunte aínda que non leve o can pois así axudarán no curso converténdose en obxectivos de rastrexo para os cans que formen parte do curso. Ler máis