Feliz ani novo a todos,
Para entrar en calor comezamos o ano cunha ruta por un monte de Rois do que desconozo o nome, pero que ten unhas fantánsticas vistas ó Val da Mahía.
Despois da ruta comeremos no merendeiro da praia fluvial de Urdilde.
Data: Domingo 18 de Xaneiro
Dificultade : Media
Distancia: 10 Km. aprox.

Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 16 de Xaneiro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
|
|
|
|
|
David, Marta y Jordee van! Primera salida del año. Es cerca de Santiago. (Salida autopista a Noia (Urdilde). Es una subida a un monte, arriba hay unas vistas preciosas! Parece que el tiempo nos va a respetar.. Para la comida nos desplazamos la piscina fluvial cerca de Urdilde. Animaos!
Jade, Gonzalo y Marisa esperábamos ansiosos una salida!!!
Supongo q llevaremos algo dulce y algo salado
yo os lo confirmo viernes 🙂
Non podemos ir, pasádeo ben e levade chuvasqueiro 🙂
Noa e Seville van.
Maggie va
Se o tempo e a autoridade o permite estaremos Trust, Brais e Alfonso, pero non quedaremos a xantar
Se o tempo e a autoridade o permite estaremos Trust, Brais e Alfonso, pero non quedaremos a xantar.
Como di Alfonso: Se o tempo e a saúde o permite, Cuscús, Soto, Ana e zecáis Sisca irán ve-las vistas…
Iremos a comer con vos. Bico, aparte da súa irmá, levará unha pota de lentellas quentes.
Pois Troula tamén se apunta! Iremos directamente ao punto de saída (na saída da vía rápida de Noia en Urdilde, non si?)
Si nos podemos ver alli!
(Salida Via rapida Urdilde)
Lusco e Fusco están recuperándose despois de esterilizalos. Aínda é pronto para eles pero esperamos acompañarvos na próxima. Sorte co tempo!!!
Piroco, bu e unha pota de fabas, polo menos