Este domingo 25 de septembro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é na zona de Porto do Son.
O punto de inicio sera no merendeiro na praia Río Sieira (Antes de chegar As Furnas).
Dependendo do tempo será pola praia ou polo monte.
O percorrido será duns 8-10Km
Podedes ver o punto de inicio neste Wikiloc
A ruta non é exactamente a amosada, pero podedes ver o punto de inicio.
Hai sitio para quedar a comer
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 23 de septembro.