Este domingo 15 de xaneiro teremos unha nova saída.
Podedes ver a ruta aproximada aquí (O punto de inicio é a carón do campo de fútbol e o centro sociocultural de Marrozos)
A distancia aproximada é de uns 10 Km dificultade fácil-media
No punto de inicio hay unha zona cuberta onde se pode quedar a comer (non ten mesas, pero levaremos a do clube, se podedes levar algún banco ou cadeira pregabre poñédeo no blog para organizar)
Organización da saída:
Punto de encontro:
Hipercor de Santiago – porta principal
Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
Hora de saída:
Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
O fin de semana do 11-13 de novembro, recuperamos os fins de semana.
Será na Casa da Bastida, na Pobra de Burón , Concello da Fonsagrada.
https://www.casadabastida.com/index.html
O venres xa se pode ocupar a casa (Confirmaremos hora). Cada persoa irá segundo os horarios que cada un poida.
IMPORTANTE!!! As prazas son limitadas e se concederán por orden segúndo vos apuntedes.
Para apuntarse por favor enviade un correo co voso nome e os dos vosos acompañantes (de dous e de catro pernas/patas) a [email protected] e con copia a [email protected] (debido a que algúns correos vosos chegan a spam segundo se envíen a unha ou outra conta)
Ruta de información sábado: Ruta do Gallol: 15 km dificultade media/alta É unha das rutas máis espectaculares e fermosas de Fonsagrada e na provincia de Lugo, onde podemos visitar a fermosa Área Natural de Carballido, dentro da Rede Natura e declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. Conserva unha das mellores formacións do bosque atlántico galego, con numerosos tipos de árbores e arbustos, algúns pouco comúns no resto de Galicia. Tomaremos unha ruta reducida – uns 15 km de ida e volta. Irémonos a Castro de O Castelo e subiremos ata o muíño e a aldea abandonada de Paradas, probablemente un dos lugares máis illados de Galicia e recorreremos os nosos pasos. Para aqueles que queren camiñar menos, hai a posibilidade de volver antes e facelo no punto onde nos desviamos cara a vila de Paradas que significaría a metade dunha ruta. Ruta do domingo: 5 km dificultade baixa Ruta ou forno do bolo: Percorrido curto polo galaicoastur de Rivendell. Está situado en Queixoiro. Ruta moi agradable entre piñeiros, carballos e cinzas cara ao río e algunhas fermosas fervenzas. Entramos no mundo dos hobbits e elfos
O domingo despois de xantar esperamos que María Sabell poida impartir unha charla, como ven sendo habitual
Nos comentarios do Blog podemos ir dicindo o que levamos de comer para organizarnos un pouco.