Saída Carboeiro

Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.

Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar “un pouco”  non a despensa completa!

A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto Ler máis

Colexios: Brion 2012

Como ven sendo habitual o club de cans de familia Só lles falta falar acode a distintos lugares para fomentar a integración dos nosos cans na sociedade así como para facer visible a achega positiva que os nosos cans poden reportar. Este pasado mes de maio acudimos ó Centro de Educación Primaria de Brión en colaboración co Centro de conducta animal María Sabell. Para todos aqueles socios que estean interesados en participar nestas actividades só tedes que poñervos en contacto ca directiva ([email protected]) para coñecer os pasos que tedes que seguir.

A continuación tedes algunhas fotos da visita, tamén as podedes ver na nosa conta de Flickr Ler máis

Saída Ecolóxica

O Concello de Vedra convoca para o sábado 16 de xuño unha xornada de concienciación ecolóxica chamada “Luvas verdes”, na que se pretende concienciar, limpar e atopar e marcar vertedoiros incontrolados. O Concello daríanos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plásticos, botellas… que atopemos na nosa andaina
O club propón unha saída ese sábado polas terras de Vedra participando nesa xornada.
Fariamos unha ruta en San Xián de Sales, a 5 Km do “Corte Inglés” Serían dúas rutas circulares máis o enlace entre ámbalas dúas duns 500 metros. Cada unha das rutas son aproximadamente 5 Km; o tempo sobre hora e media (ao ir recollendo lixo e marcando puntos de vertidos podería alongarse). Teriamos dúas posibilidades dependendo do tempo que nos leva a 1ª ruta.


1ª posibilidade. Facer a 1ª ruta e quedar a comer no río a carón do muíño (inicio da 2ª ruta), e facela pola tarde.
2ª posibilidade. Facer todo dun tirón e voltar a comer no río.


Na 1ª ruta sería un paseo polo monte con zonas de eucaliptos, piñeiros e tamén monte autóctono. Non hai case auga.
Na 2ª sería un paseo pola beira do ría e monte. Creo que é unha ruta moi bonita con moitísima vexetación autóctona e algunha carballeira impresionante Hai unhas vistas espectaculares da cidade da cultura desde o aeródromo.

Nas dúas atopariamos prados onde os cans poderían correr e desfrutar.

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:30 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Xornadas discapacidades Concello de Santiago.

O concello de Santiago de Compostela e varias entidades que traballan en pro da normalización e a integración social das persoas con discapacidade organizan o próximo 9 de xuño unha xornada lúdica coa finalidade de promover a normalización da discapacidade na sociedade, garantir a igualdade de oportunidades e lograr a súa participación na sociedade.

Nesta xornada, todos e todas Ler máis

Saída Touro

Boas, tal como prometeramos aquí está a saída para o día 3 de Xuño.

Logo ter que cambiar o destino orixinal da saída finalmente iremos ata Touro onde faremos a ruta  circular dos tres ríos. En total serán uns 10 km que aproximadamente nos levarán 3 horas.

A ruta parte da área recreativa Santaia e é de  dificultade media. Ler máis

Geocaching…

20120425-135116.jpg

Geocaching, menuda palabra! Hoxe imos falar dunha actividade que podedes engadir ós paseos que dades cos vosos cans.
O geocaching non é máis que a versión modernizada da coñecida por todo o mundo Buscar o Tesouro. Coa chegada, hai uns anos, dos GPS persoais comezou esta nova actividade pero é agora coa popularización dos teléfonos intelixentes (smartphones) que integran GPS cando se está comezando a popularizar realmente.
Pero que demo é o geocaching? Pois ben, penso que a maneira máis sinxela de explicalo é poñendo un exemplo. Saio da casa co meu can e diríxome cara o monte, así facemos un pouco de exercicio (os dous). Como hoxe imos sen compañía busco no meu telefono se hai algún cache(o tesouro) preto. Localizo un nas inmediacións e Ler máis

Saída Tambre

Ola a todos, esta fin de semana teremos unha nova saída. De novo será preto de Santiago, en Sigüeiro onde pasearemos pola beira do río Tambre. Agardamos que esta nova saída sexa do agrado de tódolos socios.

A ruta é sinxela, plana e serán uns 7-8 km. Como moito levaranos  2 horas.

Está é a ruta que imos seguir:

Ler máis

Asemblea Xeral Extraordinaria.

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria.
Data: Venres 13 de Abril de 2012
Hora: 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda
Lugar: Cafetería Clea ( C/ Fernando III o Santo nº:20)

Orden do día:

1º Aprobación das novas cotas anuais de participación no Club.
* Socio Colaborador=15€

* Cotas de Mantemento:    >Persoa + can=36€
> 2 persoas + can ou 2 cans + 1 persoa= 45€
> Máis de 3 membros = 50 €
* Novos Socios: Implicará o pago de 20€ por test de carácter por cada can.
O test de carácter do 1º can está incluído no prezo da cota.

2º Actualización dos estatutos do Club co fin de facilitar o funcionamento do mesmo.

A Xunta Directiva

Ruta por Santiago

Ola a todos, logo dun tempo en parada técnica o próximo domingo 15 de Abril faremos unha saída polos arredores de Santiago. Desta vez faremos unha ruta circular con saida no merendeiro do Monte do Pedroso. Dende alí marcharemos cara o  río Sarela , pasaremos pola igrexa da Peregrina e regreos ó merendeiro do Pedroso pasando pola Granxa do Sexto.

A ruta será duns 10 Km aproximadamente e levaranos unhas 3 horas e media.

Organización da saída: Ler máis