Ainda non ben entrada a primavera, seguimos buscando auga.
O Domingo 6 de Abril desprazarémonos ó concello de Carballo para percorrer a ruta que une dúas fervenzas.
Saíremos dende Ramil, lugar da Brea, donde poderemos contemplar unha bonita ferveda Ramil-Rus.
Recorreremos montes de Eucalipto e Carballos ata chegar ó noso destino, a fervenza de Sampaio-Entrecruces.
http://www.carballo.org/medi/CARBALLO/ruta_fervedas1.pdf
Lonxitude: 10Km
Dificultade: Media
Nota: levar calzado de monte
Como chegar : para os que se dirixan ó destino sen pasar polo Hipercor, verémonos na Férveda Ramil-Rus.
Dende Santiago hai que coller a estrada DP: 1914 que é a que vai a Carballo e despois de pasar o pobo de Entrecruces e percorrer 4Km da recta, coller á dereita hacia Ramil. Dende ahí seguindo 1,5km a estrada chegamos á fervenza.
Uns 35′ dende Santiago e uns 40′ dende a Coruña.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Punto de encontro: Domingo 6 de Abril ás 10:00 no Hipercor de Santiago
- Data límite: Venres día 4 de Abril
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.