‘Só lles falta falar’ crea unha nova actividade.
Para os máis deportistas, ainda que isto será apto para case tódolos públicos,
Xa se achega o verán e empezaremos coa operación bikini:
Queremos ofrecer a posibilidade de correr co teu can. Se hai interese podémolo facer tódalas semanas.
En principio intentarémolo por primeira vez este sabado 5 de Abril ás 12.00, xa que a partir de agora mellorará o tempo (esperemos).
Depende de quen se apunte, pero a idea é de que sexa unha actividade de correr suave, tamén para principiantes.
O traxecto será prácticamente plano e cun percorrido de 7 km (ata unmaximo de 10) – Duración entre 40-65 min. Os cans poden andar soltos en practicamente todo o camiño que no 85% é de terra.
Punto de encontro: aparcadoiro do Pedroso debaixo da “Granxa de Sexto” – (onde hai a retonda e remata a estrada, é a estrada que sobe dende Galeras pasando por Monte Pio).
Data e hora: Sábado 5 de Abril ás 12:00hrs
Os que queiran probar a nova experiencia que se apunten en : A correr co noso can!


Eu apuntariame, pero sabiendo o que corren os Papagenos… A chisca ponlle respeto 🙂
Y Eliseu!
o tema é que corran os cans ó noso ritmo e non nós ó ritmo dos cans. Adaptarémonos ó ritmo de todos, ademáis de facer algo de deporte realizaremos unha boa actividade cos cans.
De todos modos vamos en plan suave!
Marta, David y Jordi van!
Veña, Chisca e eu apuntámonos, malo será que teñamos que chamar ó helicóptero de rescate…
Noa e Seville remolcarán a Pablo polo Pedroso.
Qué boa actividade Pablo!
Eu xa lo practico dende face tempo y e una gozada a verdade, la pena que ete sábado non estou en Santiago, pero o vindeiro ahí me tes con trufa, qué ruta facedes o sábado? polo Pedroso?
Saudos! Jorge
El Martes 1 de abril de 2014 21:21, Só lles falta falar escribió: WordPress.com Só lles falta falar, cans de familia posted: “‘Só lles falta falar’ crea unha nova actividade. Para os máis deportistas, ainda que isto será apto para case tódolos públicos, Xa se achega o verán e empezaremos coa operación bikini: Queremos ofrecer a posibilidade de correr co teu can. Se hai in”
Ola, e parabéns pola iniciativa! que magoa me dá non poder ir, pero este sábado tócame traballar, de verdade que me encantaríame poder participar, haber se a gran Muqui aprendese a correr, téñoo intentado, e a tipa non me segue o ritmo, senta o cu e ala! semella que me quere dicir: corre ti se queres, que eu agárdote aquí. Espero que teña muito éxito a convocatoria e a fagades mais veces para podermos ir. Grazas e Saúdos.
Seguro que se practicas, convertes á Muqui nunha gran atleta.
Ao final creo que podré ir, me apunto Pablo! vémonos o sábado no Pedroso 😉
¡Os da artrose de cadeira forzarémos a nosa rehabilitación a ver se podemos participar algún día nesta fantástica actividade!
Por certo, ¿Quen escolléu a fotografía? 🙁
P.D.: Me identifico, son Ana de Soto
Non tes problema, poslle a silla de montar a Soto e via,jaja
Ó final non vou poder ir. Pasádeo ben.
Troula e paulo intentarán ir correr tamén