Ruta das Férvedas

Ainda non ben entrada a primavera, seguimos buscando auga.

O Domingo 6 de Abril desprazarémonos ó concello de Carballo para percorrer a ruta que une dúas fervenzas.

Saíremos dende Ramil, lugar da Brea, donde poderemos contemplar unha bonita ferveda Ramil-Rus.

Recorreremos montes de Eucalipto e Carballos ata chegar ó noso destino, a fervenza de Sampaio-Entrecruces.

http://www.carballo.org/medi/CARBALLO/ruta_fervedas1.pdf

Lonxitude: 10Km

Dificultade: Media

Nota: levar calzado de monte

Como chegar : para os que se dirixan ó destino sen pasar polo Hipercor, verémonos na Férveda Ramil-Rus.

Dende Santiago hai que coller a estrada DP: 1914 que é a que vai a Carballo e despois de pasar o pobo de Entrecruces e percorrer 4Km da recta, coller á dereita hacia Ramil. Dende ahí seguindo 1,5km a estrada chegamos á fervenza.

Uns 35′ dende Santiago e uns 40′ dende a Coruña.

 

  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Punto de encontro: Domingo 6 de Abril ás 10:00 no Hipercor de Santiago
    • Data límite:  Venres día 4 de Abril

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

0 comentarios

  1. Noa e Seville van.
    Comerenos no merendeiro que hai ó final da ruta na fervenza de San Paio-Entrecruces
    Se chove, non vos preocupedes, montaremos unha enorme lona que nos protexerá da chuvia.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *