Pois xa só faltan 4 días para comezar unha nova actividade de fin de semana.
O Venres 18 de Novembro desprazarémonos a Ferreira de Pantón para coñecer a fermosa contorna da Ribeira Sacra lucense.Hospedarémonos na Casa dos Muros na aldea de Paderne, no Concello de Pantón; http://casadosmuros.com/
Neste enlace tes a opción de que te leve o teu gps; http://casadosmuros.com/donde-estamos/
O sábado faremos a ruta de Pombeiro-San Cosmede donde teremos unhas espectaculares vistas dende os miradores da Cruz e da Pena, esta ruta será tipo mobo (mochila – bocadillo).http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12069768
O domingo faremos unha ruta máis corta para poder regresar á casa á hora de xantar, ruta chamada a Poza de san Arteiro, donde sairemos andando directamente da casa rural.http://casadosmuros.com/senderismo/
Como sabedes, nas saídas de fin de semana tratamos de que tamén poidamos aprender algo máis sobre os nosos cans por iso sempre propomos un tema relacionado ca conducta animal, olfat0,razas, etc.. .Nesta, en concreto, despois do xantar do domingo a charla impartida por María Sabell terá por título: Eugenesia
O tempo en chegar á casa dende Santiago ou dende A Coruña será o mesmo: 1:30 hrs aprox.

Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- A hora de saída será cando cada quen poida.Pódese entrar na casa o Venres a partir das 15:00hrs.Nos comentarios do blog podémonos organizar para compartir coches.
- As prazas xa están todas cubertas, salvo baixas, non poderá asistir ninguén máis dos apuntados por mail.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.









