Central Hidroeléctrica do Tambre-Noia

Despois de varias rutas tipo MOBO (mochila bocadillo) queremos volver a demostrar as nosas dotes culinarias.

Por iso este Domingo 2 de Outubro faremos unha ruta cortiña (8 Km) por donde poderemos ver o edificio da Central Hidroeléctrica do Tambre, que é tamén o punto para comer, disfrutaremos do entorno da devesa de Nimo unha fraga que se extende ao longo do Río Tambre.

central-electrica-do-tambre

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 30 de Setembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

11 comentarios

  1. Vou con Bico (como mínimo). Instrucións para os que imos directos:
    “Por la autovía AG-56 (Santiago-Noia) tomar la salida “Lousame – Sampaio – Noia”. En la rotonda, tomar la dirección Santa María de Roo y seguir la señalización del Hotel “Pesquería del Tambre”.

    1. Os de Santiago estaremos ás 10:30 no Tambre. A ruta será de ida e volta, ademáis moi cómoda para xente que non poida andar ou tamén esperar na mesa aos que fan o camiño.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *