Orzamentos Participativos Mocidade

Ata o 6 de Novembro incluido estanse a votar os Orzamentos Participativos de Mocidade do Concello de Santiago.

Son 49 propostas que presentaron distintas persoas e colectivos da cidade.

Dende Só lles falta falar presentamos un programa (adxuntamos proposta)so-lles-falta-falar-contidos-programa-mocidade destinado a visitas aos institutos do Concello, charlas en centros socioculturais, parques e aulas de educación canina.

Nos centros escolares incidirase na concienciación do tema do maltrato animal, e interacción cos cans mentres que nas charlas nos centros e parques da cidade os contidos tamén incluirán a tenza responsable e como mellorar o seu manexo.

 

orzamentos-participativos-mocidade

Entrade na seguinte dirección : decide.santiagodecompostela.gal     e poderás votar a nosa proposta.

1- Entra na páxina 2-Rexístrate  3-Inicia sesión e vota 10 propostas dándolle 10 puntos á primeira é 1 punto á última que consideres.

Requisitos:

  • Ter entre 16 e 35 anos
  • Estar empadroado en Santiago ou estudar na Universidade ou Institutos.

Toda a información con video incluido en: decide.santiagodecompostela.gal

Agardamos o teu voto para poder dicir que :

OUTRO MODELO DE CONVIVENCIA É POSIBLE!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *