O domingo 11 de Setembro imos a facer unha ruta polos parques de Santiago. O punto de partida será o parque do Paxonal (o que está por baixo do Hipercor). Dende aí faremos escala en Conxo, logo dirixirémonos cara o Campus. Visitaremos tamén a ruta que transcorre polas marxes do río Sarela que para todos os que non a teñades descuberta é unha ruta espectacular dentro da cidade. Ó final do camiño do Sarela entraremos no parque de Galeras e logo iremos ata Vista Alegre onde pararemos o xantar. Despois da frugal comida (ou opípara a gusto do consumidor :-D ) para os que teñan ganas de patear un pouco máis haberá a opción de continuar paseando polos lugares que Santiago agocha.
A medida que se achegue a data iremos engadindo máis información sobre a saída. Animádevos a vir coñecer o "outro Santiago", esta será unha saída que sen dúbida sorprenderá non so ós Santiagueses de adopción.
Unha aperta a todos.
Organización saída: En esta saída o club encargarase da comida, respecto ás bebidas e "outros" será cada un dos participantes o encargado de levalos. Finalmente o punto para comer será o parque de Vite.
Punto de partida: Iniciaremos a marcha ás 11 da mañá dende a porta do Hipercor.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
7 Responses