Xa chegou o frío e como non, temos unha nova edición do Magosto do club. Como as cousas hai que facelas ben pensamos que o mellor lugar para celebrar o magosto é a terra das boas castañas, é dicir, Ourense. A isto hai que sumarlle o bo facer da delegación de Ourense que se están a converter nuns perfectos anfitrións, por todo isto o magosto repetirá a ubicación do ano pasado.
O lugar de celebración será a area recreativa de Boutureira, a data o domingo 27 de Novembro.
Durante o día, ademais de comer castañas, poderemos facer unha sinxela ruta polos arredores da área recreativa. Será unha ruta curta duns 6 km aínda así o que non poida realizar o paseo pode quedar na área recreativa pois sera inicio e fin da ruta e o lugar onde imos comer. Para aqueles socios que teñen cans hipertermos non haberá problema xa que hai auga tanto na ruta como no lugar onde comeremos.
Nesta ocasión será a propia delegación de Ourense a que se encargará de levar a comida ó igual que o fixeron o ano pasado por iso é imprescindible que vos anotedes o antes posible para que podan facer a previsión da comida que hai que preparar.
Como é tamén habitual os que desexen facer uso do servizo de furgoneta só terán ata o xoves para anotarse deixando constancia de que queren usar este servizo.
Plano do día:
- Saída do hipercor de Santiago ás 11:00 da mañá.
- Chegada á área recreativa ás 12-12:15
- Paseo.
- Xantar.
- Pequeno paseo e regreso.
Cómo chegar?
- AG-53->A-52 dirección Ourense.
- Saída 224 dirección Ourense sur, polígono San Ciprián.
- Na seguinte rotonda, de novo Ourense, polígono San Ciprián.
- Nova rotonda, collemos dirección Ourense, espourense.
- Estamos agora na N-525, a poucos metros desvío á dereita->expourense.
- Ó final da pista, no cruce, esquerda cara San Cibrao das Viñas.
- Pasaredes unha ponte sobre a N-525 ó final do mesmo xiro a man dereita.
- Atoparedes unha zona con aparcamentos pegados a unhas casas en construcción.
- Aquí estaremos agardando.
Lóxística:
Imos precisar que os que teñades levedes algunha parrilla para cociñar.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
20 Responses