O próximo Domingo 15 de Xuño teremos unha saída moi especial, dedicada especialmente ós máis pequenos de Só lles falta falar.
Desprazarémonos ás Illas de Gres en Vila de Cruces para realizar unha comdida / parrillada nos bonitos entornos das illas.Non haberá ruta, pero os que queiran antes de comer poderán dar una paseos polos arredores. Por iso será un día perfecto para os que teñan nenos pequenos e as persoas que non poidan andar moito.
Sairemos do Hipercor ás 11:00, dende Santiago hai 25' de viaxe. Nos comentarios do blog iremonos organizando o tema da comida.
Recordade : ás 11:00 no Hipercor.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 11:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 6 de Xuño.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
18 Responses