O próximo día 25 de setembro faremos unha saída MoBo na que levaremos a cabo a ascensión ao monte Pindo, seguindo o roteiro que vai dende a aldea de O Fieiro (concello de Mazaricos) ata a Moa, o punto máis alto da barreira montañosa (627 metros de altitude).
A camiñata non será moi longa (non chega a 4 km), pero si un pouquiño esixente: haberá que salvar un desnivel de máis de 300 m, así que ide preparados. En compensación polo esforzo, teredes a satisfacción de estar nunha das paraxes máis espectaculares de Galicia, con rochedos graníticos que forman caprichosas esculturas naturais, especies vexetais únicas e vistas incomparables de toda a Costa da Morte. Camiñaremos por montes que foron sagrados para os habitantes primitivos destes territorios, que se constituiron en escenario para os conflitos de intereses dos señores medievais ou que, incluso, serviron de agocho aos escapados do franquismo.
Unha excursión que non debedes perdervos.
Plan de actividades:
-
Saída dende o Hipercor de Santiago ás 11:00.
-
Reunión, con aqueles que prefiran ir directamente, no miradoiro do Ézaro, en torno ás 12:30 e saída cara O Fieiro.
-
Ascensión ao monte.
-
Xantar na área de descanso próxima ao cumio (lembrade que se trata dunha saída MoBo, así que non vos esquezades de levar unha mochila coa vosa comida).
-
Descenso.
-
Dependendo da hora e dos ánimos, poderíase facer algunha outra visita pola tarde: porto de Quilmas, roteiro urbano por O Pindo...
-
De regreso, merendola no Campo de Berdeogas.
Haberá servicio de furgonetas. Os que esteades interesados, facédeo figurar nos comentarios.
Recordos da saída:
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
19 Responses