A correr co noso can!

‘Só lles falta falar’ crea unha nova actividade.

Para os máis deportistas, ainda que isto será apto para case tódolos públicos,

Xa se achega o verán e empezaremos coa operación bikini:
Queremos ofrecer a posibilidade de correr co teu can. Se hai interese podémolo facer tódalas semanas.
En principio intentarémolo por primeira vez este sabado 5 de Abril ás 12.00, xa que a partir de agora mellorará o tempo (esperemos).

Depende de quen se apunte, pero a idea é de que sexa unha actividade de correr suave, tamén para principiantes.

O traxecto será prácticamente plano e cun percorrido de 7 km (ata unmaximo de 10) – Duración entre 40-65 min. Os cans poden andar soltos en practicamente todo o camiño que no 85% é de terra.

Punto de encontro: aparcadoiro do Pedroso debaixo da “Granxa de Sexto” – (onde hai a retonda e remata a estrada, é a estrada que sobe dende Galeras pasando por Monte Pio).

Data e hora: Sábado 5 de Abril ás 12:00hrs

Os que queiran probar a nova experiencia que se apunten en : A correr co noso can!

A correr co noso canAnimádevos!

0 comentarios

    1. o tema é que corran os cans ó noso ritmo e non nós ó ritmo dos cans. Adaptarémonos ó ritmo de todos, ademáis de facer algo de deporte realizaremos unha boa actividade cos cans.

  1. Qué boa actividade Pablo!

    Eu xa lo practico dende face tempo y e una gozada a verdade, la pena que ete sábado non estou en Santiago, pero o vindeiro ahí me tes con trufa, qué ruta facedes o sábado? polo Pedroso?

    Saudos! Jorge

    El Martes 1 de abril de 2014 21:21, Só lles falta falar escribió: WordPress.com Só lles falta falar, cans de familia posted: “‘Só lles falta falar’ crea unha nova actividade. Para os máis deportistas, ainda que isto será apto para case tódolos públicos, Xa se achega o verán e empezaremos coa operación bikini: Queremos ofrecer a posibilidade de correr co teu can. Se hai in”

  2. Ola, e parabéns pola iniciativa! que magoa me dá non poder ir, pero este sábado tócame traballar, de verdade que me encantaríame poder participar, haber se a gran Muqui aprendese a correr, téñoo intentado, e a tipa non me segue o ritmo, senta o cu e ala! semella que me quere dicir: corre ti se queres, que eu agárdote aquí. Espero que teña muito éxito a convocatoria e a fagades mais veces para podermos ir. Grazas e Saúdos.

  3. ¡Os da artrose de cadeira forzarémos a nosa rehabilitación a ver se podemos participar algún día nesta fantástica actividade!
    Por certo, ¿Quen escolléu a fotografía? 🙁
    P.D.: Me identifico, son Ana de Soto

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *