Ruta polos parques de Santiago

Comezo da ruta no parque do Paxonal

O domingo 11 de Setembro imos a facer unha ruta polos parques de Santiago. O punto de partida será o parque do Paxonal (o que está por baixo do Hipercor). Dende aí faremos escala en Conxo, logo dirixirémonos cara o Campus. Visitaremos tamén a ruta que transcorre polas marxes do río Sarela que para todos os que non a teñades descuberta é unha ruta espectacular dentro da cidade. Ó final do camiño do Sarela entraremos no  parque de Galeras e  logo iremos ata Vista Alegre onde pararemos o xantar. Despois da frugal comida (ou opípara a gusto do consumidor :-D ) para os que teñan ganas de patear un pouco máis haberá a opción de continuar paseando polos lugares que Santiago agocha.

A medida que se achegue a data iremos engadindo máis información sobre a saída. Animádevos a vir coñecer o "outro Santiago", esta será unha saída que sen dúbida sorprenderá non so ós Santiagueses de adopción.

Unha aperta a todos.

Organización saída: En esta saída o club encargarase da comida, respecto ás bebidas e "outros" será cada un dos participantes o encargado de levalos. Finalmente o punto para comer será o parque de Vite.

Punto de partida: Iniciaremos a marcha ás 11 da mañá dende a porta do Hipercor.

 


O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

7 Responses

  1. María, Manolo, Pinto, Tina e Linda
    Anotámonos.
  2. Nos anotamos: María y Carrú.
  3. Anónimo
    Desde Noia, y aprovechando domingo de "NO"......¡ Contad con nosotros tres ! Bueno somos: Blacky, Greta y su "mamá".
  4. Anónimo
    Ahora, y para no aparecer como ANÓNIMO, me ratifico en acompañaros el dia 11/9/2011 con mis dos compañeiriños, es que primero mandé la respuesta y luego me suscribí al blog, sin darme cuenta de que en "esto" no existe la propiedad conmutativa.
  5. Quique
    Pancho e os seus donos Cris e Quique tamén acudirán!
  6. Rosa (Lupa)
    Ramón (o xefe), Rosa e eu tamén imos. A ver se me porto ben.
  7. Thanks for every one of your effort on this web site. My aunt really likes setting aside time for research and it’s really obvious why. A number of us notice all regarding the dynamic ways you make helpful steps through your web blog and even strongly encourage contribution from others on the issue while our princess is without question studying a whole lot. Enjoy the remaining portion of the year. You have been performing a great job.

Leave a comment

*