
Comezamos o curso!
O próximo mes de Setembro teremos un curso de rastrexo. O horario do curso é a partir das seis da tarde e o punto de partida será o parque do Paxonal.
Como sabedes estes cursos tratan de ensinar ós nosos cans a seguir un rastro, xa sexa dun obxecto ou mesmo unha persoa. Por iso non só imos precisar que se apunten todos aqueles que queiran que o seu can aprenda a restexar ( ou a mellorar a súa técnica claro! ) senón que tamén precisamos xente que se apunte aínda que non leve o can pois así axudarán no curso converténdose en obxectivos de rastrexo para os cans que formen parte do curso. As datas de realización do curso son as seguintes:
•Días 3,10,17 e 25 do mes se setembro.
O día 25 como final de curso farase unha saída ó monte para poñer a proba todo o que aprenderon os cans. O lugar da saída de fin do curso será fixada máis adiante.
Non dubidedes en apuntarvos!!
Ábrese o curso a non Socios, o importe do curso para aqueles que non sexan socios do club Só lles falta falar, e desexen asistir ó curso, é de 70€ . Deberán inscribirse usando o seguinte formulario ou nos comentarios desta entrada para que a directiva se poña en contacto e formalizar desa maneira a inscrición do curso.
Escríbenos dende a páxina de contacto
- Sábado 17 o curso será en Brión. Punto de encontro a rotonda da Autovía Santiago-Noia saída Brión ás 17:45.
- Sábado 24 repetimos en Brión. Mesmo punto de encontro e mesma hora

Al parecer somos as primeiras, Tina pequecha e mais eu (Paula) apuntámonos ao curso, temos moito que aprender…
Tinita, ya tienes un añito y puedes firmar los mensajes
Yo, Mica, tambien me apunto a lo de rastrear (a ver si la proxima vez rastreo al corzo). No creo que mis humanas puedan ir a Santiago todos los dias del curso pero alguno fijo que si. Este sabado 3 si que vamos.
Non chegou o primeiro comentario. Repetimos: anotámonos, a ver se podemos ir tódolos días porque Linda, Tina e Pinto están mosqueados por non pillar o corzo e queren intentalo de novo.
Se aínda hai sitio contade comigo!
Eu vou dende Santiago e teño sitio no coche, se alguén quere compartir coche avisade!
Este sábado 17 me apunto a rastrear por Brión… Si alguién perdió un bocadillo, fijo que lo encuentro!!
Este sábado día 24 el curso de rastro se hace en el mismo sitio. Esperaremos a las 17,45 horas en la rotonda del campo de fútbol de Brion.
Soy Luisa; hace tiempo que no participo.
Aparezco en la rotonda de Brión este sábado…, ejem…mañana.
Sin perr@ como de costumbre. Serviré de presa para los vuestros.