Curso de Rastrexo

curso rastrexo
curso rastrexo setembro 2011

Comezamos o curso!

O próximo mes de Setembro teremos un curso de rastrexo. O horario do curso é a partir das seis da tarde e o punto de partida será o parque do Paxonal.

Como sabedes estes cursos tratan de ensinar ós nosos cans a seguir un rastro, xa sexa dun obxecto ou mesmo unha persoa. Por iso non só imos precisar que se apunten todos aqueles que queiran que o seu can aprenda a restexar ( ou a mellorar a súa técnica claro! ) senón que tamén precisamos xente que se apunte aínda que non leve o can pois así axudarán no curso converténdose en obxectivos de rastrexo para os cans que formen parte do curso. As datas de realización do curso son as seguintes:

•Días 3,10,17 e 25 do mes se setembro.

O día 25 como final de curso farase unha saída ó monte para poñer a proba todo o que aprenderon os cans. O lugar da saída de fin do curso será fixada máis adiante.

Non dubidedes en apuntarvos!!

Ábrese o curso a non Socios, o importe do curso para aqueles que non sexan socios do club Só lles falta falar, e desexen asistir ó curso, é de 70€ . Deberán inscribirse usando o seguinte formulario ou nos comentarios desta entrada para que a directiva se poña en contacto e formalizar desa maneira a inscrición do curso.

Escríbenos dende a páxina de contacto

  • Sábado 17 o curso será en Brión. Punto de encontro a rotonda da Autovía Santiago-Noia saída Brión ás 17:45.
  • Sábado 24 repetimos en Brión. Mesmo punto de encontro e mesma hora

0 comentarios

  1. Yo, Mica, tambien me apunto a lo de rastrear (a ver si la proxima vez rastreo al corzo). No creo que mis humanas puedan ir a Santiago todos los dias del curso pero alguno fijo que si. Este sabado 3 si que vamos.

  2. Non chegou o primeiro comentario. Repetimos: anotámonos, a ver se podemos ir tódolos días porque Linda, Tina e Pinto están mosqueados por non pillar o corzo e queren intentalo de novo.

  3. Soy Luisa; hace tiempo que no participo.
    Aparezco en la rotonda de Brión este sábado…, ejem…mañana.
    Sin perr@ como de costumbre. Serviré de presa para los vuestros.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *