Curso de Rastro decembro 2021

Continuamos os Cursos de Rastro

Este domingo día 12 de decembro teremos unha nova oportunidade de practicar e aprender a rastrexar cos nosos cans

OLLO!!

Nestes momentos non podemos confirmaros onde faremolo curso. Estamos a espera de que a Garda Civil nos indique unha zona onde ademáis das clases habituáis os cans poidan buscar algún rastro da muller desaparecida o pasado sábado en Sigüeiro

Nota: A actividade de búsqueda realizarase só si se recibe autorización oficial polos organismos competentes.

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de dirixir o grupo.

O curso e gratuito para os socios.

Os non socios poderan coñecer as condicións enviando un correo a [email protected]

Curso de Rastrexo

curso rastrexo
curso rastrexo setembro 2011

Comezamos o curso!

O próximo mes de Setembro teremos un curso de rastrexo. O horario do curso é a partir das seis da tarde e o punto de partida será o parque do Paxonal.

Como sabedes estes cursos tratan de ensinar ós nosos cans a seguir un rastro, xa sexa dun obxecto ou mesmo unha persoa. Por iso non só imos precisar que se apunten todos aqueles que queiran que o seu can aprenda a restexar ( ou a mellorar a súa técnica claro! ) senón que tamén precisamos xente que se apunte aínda que non leve o can pois así axudarán no curso converténdose en obxectivos de rastrexo para os cans que formen parte do curso. Ler máis