Geocaching, menuda palabra! Hoxe imos falar dunha actividade que podedes engadir ós paseos que dades cos vosos cans.
O geocaching non é máis que a versión modernizada da coñecida por todo o mundo Buscar o Tesouro. Coa chegada, hai uns anos, dos GPS persoais comezou esta nova actividade pero é agora coa popularización dos teléfonos intelixentes (smartphones) que integran GPS cando se está comezando a popularizar realmente.
Pero que demo é o geocaching? Pois ben, penso que a maneira máis sinxela de explicalo é poñendo un exemplo. Saio da casa co meu can e diríxome cara o monte, así facemos un pouco de exercicio (os dous). Como hoxe imos sen compañía busco no meu telefono se hai algún cache(o tesouro) preto. Localizo un nas inmediacións e Ler máis
Artigos
Nesta categoría atoparás artigos que xiran ó redor dos temas que o club ten como obxectivo: o disco verde, educación en positivo…
María Sabell, a mestra dos Cans (III)
Aquí está a derradeira entrega da entrevista a María Sabell. Dende o blog queremos agradecer o estupendo traballo realizado por María Mourelo, a autora da entrevista. Tamén aclarar que a responsabilidade do retraso na publicación corresponde por completo ó coordinador do blog e non á autora. Agardamos que vos guste. (Simón D.)
Bu y Piroco seguen lanzados. Nesta ocasión plantexanlle a María cuestións relevantes que teñen que ver coa satisfacción xeral nas súas vidas, as súas inquedanzas por conquerir ser uns cans centrados e equilibrados , coa súa necesaria esimulación e coas súas conexions emocionais cos humanos. Todo elo na procura dun benestar psicolóxico e emocional…aplicado tamén aos que compartimos a nosa vida con eles. Tamén se aventuran a facerlle a María preguntas mais…digamos persoais……
María Mourelo
• Algún educador mas mediático que tú, aunque no están nada mal tus inicios televisivos, dice que lo fundamental para nosotros es: ejercicio, disciplina y afecto y por ese orden, ¿coincides con él? Ler máis
Outro modelo de convivencia é posible (e III)
Na nosa opinión, a solución a tódolos conflitos que campañas como a que comentamos suscitan non pasa pola restrición senón pola educación. Educación, en primeiro lugar, dos cans e, moi especialmente, dos seus propietarios. Un can convenientemente socializado e adestrado en obediencia básica, manexado por un guía responsable e informado, que se preocupa por coñecer as súas necesidades e a súa maneira de comunicarse, é un can controlado, en calquera espazo e con independencia de que estea ou non suxeito por unha correa. Ler máis
Outro modelo de convivencia é posible (II)
A correa non é, como parecen dar a entender as normativas que nos obrigan a acatar, a panacea, a solución a tódolos problemas. Unha correa é unha ferramenta e, como tal, debe ser usada de xeito responsable e con coñecemento de causa. Un mal uso deste instrumento de control pode traer consigo consecuencias nefastas. Non é un substituto do adestramento. O can ten que aprender a andar á correa do mesmo xeito que aprende a camiñar solto pegado á perna do seu guía. Un animal que tira esaxeradamente da correa é un animal descontrolado, con independencia de que estea amarrado ou non, e un animal que non está baixo control é un perigo.
Unha correa mal manexada tamén pode ser causa de accidentes. Un tirón repentino pode provocar unha caída, ou mesmo unha lesión grave no pulso ou na man, por non mencionar máis que dúas situacións que se producen con frecuencia. Ler máis
María Sabell: A mestra dos cans (II)
Continuamos a sacar tempo da nosa especialista María Sabell para que nos axude a encontrar respostas as nosas inquedanzas (as grandes pero tamén as mais pequenas). Ela insiste en que non hai como “pedir as cousas por favor” para que os nosos cans de compañía nos fagan caso aínda que achaca os malentendidos “a esa visión antropocéntrica que temos de todo e que inclúe o feito de non pensar que existen outros puntos de vista”.Bu e Piroco estiveron atentos durante toda a entrevista (con breves interrupcións para saúdar algún veciño que se aproximaba a reunión, claro está) e inesperadamente os fieis acompañantes de María, nun arranque de iniciativa propia, agarran a gravadora e diríxense sen titubeos a súa dona “fartos de que nos digan que non sabemos falar” e comezan a preguntarlle…que lles contestaría? Pois sigamos lendo…
María Mourelo
•¿Algunos creen que realmente tú eres capaz de pensar y sentir como nuestros perros de compañía?
Vaya, y yo esforzándome por ser una señora….
Outro modelo de convivencia é posible (I)
Recentemente, os parques da nosa cidade apareceron inzados de carteis nos que os responsables do Concello nos recordan as nosas obrigas como propietarios de cans e nos suxiren modelos de actuación para non sermos sancionados, porque, en palabras textuais, “evitar as sancións é cumprir co teu compromiso coa sociedade”. A campaña, denominada Convivencia Guauuuu! , xira en torno a tres eixos: a identificación de animais mediante microchip, a recollida de excrementos e a obrigatoriedade do uso da correa fóra de certos espazos.
O Club de Cans de Familia Só lles falta falar vén, desde o seu nacemento, impulsando unha cultura canina baseada na educación e no respecto aos demais. Tódalas nosas actividades aséntanse sobre a base do fomento da tenza responsable de mascotas, e “tenza responsable” significa, entre outras moitas cousas, coñecer os límites da propia liberdade e respectar as normas que existen para garantir a convivencia harmónica dos cidadáns. Sen embargo, as pautas de convivencia que nos propoñen os nosos administradores non se axustan en tódolos casos aos principios rectores da nosa filosofía. Só lles falta falar considera que outra forma de entender a coexistencia de cans e persoas nas nosas cidades é posible.
Ler máis
María Sabell: A mestra dos cans (I)

Próximamente……..nas próximas semanas comezaremos a publicar unha serie de entrevistas coa nosa especialista en conducta animal, María Sabell. Considerada a “alma mater” do noso Club queríamos plantexarlle moitas cuestións que sen dúbida nos interesan a todos sobre os nosos cans (e tamén sobre os seus donos). Coa súa naturalidade e autenticidade María non nos deixa indiferentes coas súas respostas, cheas de rigor e sen deixar no tinteiro o seu aporte persoal. Ademais, asistiremos a caída de certos tópicos sobre o noso Club…(e se non que lle pregunten a Bu e a Piroco)….Queredes saber máis? Pois non vos esquezades de conectar co noso blog nas vindeiras semanas…
Vaia por diante o noso agradecemento a entrevistada, que sacou tempo para falarnos da manada do noso Club da que ela, sen dúbida algunha, é a líder. Na serie de entrevistas nos amosa que parece ter todas as respostas que precisamos e se non, xulgade por vos mesmos….imos comezar.
María Mourelo
PRIMERA PARTEAdiestradora, asesora, compañera del Club, queríamos plantearle a María preguntas que sin lugar a dudas nos interesan a todos ¡y ha conseguido sacar tiempo!. Nos contesta en una terraza, mientras sus perros, Bu y Piroco, parecen seguir interesados la entrevista (y mas adelante veremos que no se van a conformar con eso).
Ler máis
Bos veciños
Ola a todos, como sabedes un dos obxectivos do club é conseguir a implantación do “Bos veciños”. Este sistema está pensado para que, logo de que os nosos cans superen uns requisitos, podan gozar de vantaxes na cidade de residencia por ser un “Bo veciño”. Un exemplo das probas que os cans terían que superar son as realizadas polo The Canadian Kennel Club, se queredes votarlle un ollo a un resumo de como o fan os canadenses aquí tedes.
The Canadian Kennel Club Good Neighbour Program
Os test que o dono e o can teñen que superar son 12 e son os seguintes:
• 1 Recibir ben a un descoñecido amistoso. Neste test o noso can ten que demostrar que pode estar en calma mentres que un descoñecido se nos achega, danos un apertón de mans e fala un anaco con nós.





