Aproximadamente cada dúas semanas o club organiza saídas dominicais para os socios e cans. Unha oportunidade única para socializar ás nosas mascotas e visitar con elas montes, lagos, praias… e todo o que vos apeteza.

Ruta polo Concello de Rois (O Casal)_13 Setembro 2015

O Domingo 13 de Setembro faremos unha ruta pola aldea do Casal e arredores no Concello de Rois.

A percorrido é duns 9 km aproximadamente e dunha dificultade baixa-media.

Despois do paseo desprazarémonos á piscina de Urdilde para comer. Ainda estamos no Verán, así que, os que vos queirades refrescar, levade traxe de baño.

Os que non saiades do Hipercor ídeo dicindo no Blog.Poñeremos nos comentarios o punto de encontro para todos os que vaiades directos.

Ruta Rois_O Casal

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 11 de Setembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Enseada da Ínsua-Ponteceso 23 Agosto 2015

Este Domingo 23 de Agosto, desprazarémonos ao norte, concretamente ó Concello de Ponteceso.

A ruta será pola chamada Enseada da Ínsua, desenbocadura do Río Anllóns, praia de Balarés e Mirador do Monte Branco.

Será ruta MOBO (mochila/bocadillo), e duns 10,5km de distancia. Non poderemos acceder ás praias de Balarés nen á da Enseada pero temos unha cala donde nos podermos bañar cans e humanos e teremos unhas magníficas vistas ó mar e á Enseada.

Os que vaiades directos para o inicio da ruta mencionádeo no blog.

Enseada da Ínsua_Ponteceso

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
    • 11:30 no comezo da ruta non malecón do estuario, ó lado da ponte da ría en Ponteceso.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 21 de Agosto

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta polo Río Tambre_Sigüeiro 9 Agosto 2015

E como non nos imos de vacacións, este Domingo 9 de Agosto realizaremos unha ruta polo río Tambre no Concello de Oroso na localidade de Sigüeiro.

A ruta iniciaráse na Área recreativa da Barciela e discorrerá por unha das beiras do  Tambre para facer o camiño de volta pola outra beira.

Debido ás características da ruta e o lugar onde comeremos, é unha ruta válida para tódolos públicos. Animádevos os que teñades nenos pequenos ou bebés por que no caso de non poder andar moito podedes facer un recorrido máis corto polos arredores do merendeiro.

Ruta Sigüeiro Tambre

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata oVenres 7 de Agosto

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta Mosteiro San Xusto de Toxosoutos_19 Xullo 2015

O próximo Domingo 19 de Xullo percorreremos os arredores do Río Vilacoba.

A ruta será de uns 10km e comezaremos e remataremos no Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos.Teremos unhas bonitas vistas á Ría de Noia e, para os que se queiran bañar, tamén o poderán facer, xa que, no lugar donde comeremos hai unha piscina natural con fervenza incluida.

Monasterio San Xusto Toxosoutos

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 17 de Xullo

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta dos 3 ríos de Touro / 5 de Xullo

Comezamos as rutas do verán este Domingo 5 de Xullo, e farémolo no Concello de Touro ca ruta dos 3 Rios.

Ruta dos 3 ríos Touro

A ruta ten unha distancia aproximada duns 8Km e de un nivel fácil-medio.

Disporemos en prácticamente todo o recorrido de auga, cousa que necesitarán os cans xa que se espera un día moi caluroso.

Río Traba_Lousame 14 Xuño 2015

O próximo Domingo 14 de Xuño, acercarémonos ó Concello de Lousame, ó lado de Noia.

A ruta será xunto ó río Traba polocamiño dos pescadores. Ó comezo da ruta temos un área recreativa e poderemos ver as ruínas de varias antigas fábricas de papel durante a marcha.
O percorrido ten unha distancia duns 9km aproximadamente e de dificultade é media-baixa.

Podedes consultar máis información sobre a ruta no seguinte enlace:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350

Ruta Traba_Noia

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 12 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Finde na ‘Fábrica da Luz’ 30-31 de Maio

E ainda non ben entrado o verán, preparámonos para visitar a Ribeira Sacra.

Será o último fin  de semana de Maio e quedarémonos no albergue rural da Fábrica da Luz que se encontra en Barxacoba-Parada de Sil – Ourense. http://afabricadaluz.com/

A Fábrica da Luz_Parada de Sil_OurenseRibeira Sacra

Partiremos o Venres pola tarde do aparcamento que está ó lado do parque do Paxonal por baixo do Hotel Trip Santiago no Restollal.

Saída en grupo : Venres 29 ás 18:00hrs. Segundo os que sexamos poderemonos ir organizando por se cambiamos a hora.

Para os que vaian por libre,

2 opcións:

– Santiago-Lalín-Ourense-Destino por Ou-536: 2 h / 2h 15′

– Santiago-Lalín-Monforte de Lemos-Destino por Lu-903 : 2h 15′ / 2h 30′

Coordenadas do destino : 42°22’33.9″N 7°29’53.4″W

Organización: Durmiremos Venres e Sábado, o prezo da cama son 13€ por noite. Inclúe almorzo, cama, sábanas, edredón e toalla.

Venres 29 chegada á casa Cea no comedor do albergue : 9€

Sábado 30 Almorzo no albergue Ruta Mobo (mochila-bocadillo) polos paraxes da Ribeira Sacra.Cada un terá que levar a súa comida.

Cea no comedor do albergue : 9 €

Domingo 31 Almorzo no albergue Ruta pola Ribeira Sacra, será máis corta cá ruta do Sábado.

Comida no Albergue. Levaremos preparado para comer o Domingo ou compraremos algo pola zona.

Charla de Educación e linguaxe canino impartida pola especialista en conducta animal María Sabell, que tratará sobre :

“Como e porque se fabrica a cohexión da manada, estraxeias de convivencia”

_______

Os cans poderán durmir con cada dono no Albergue e acceder ó comedor donde faremos as ceas do Venres e Sábdo.Tamén poderán estar ó seu aire por fora das instalacións, xa que o albergue está afastado de estradas.

Coma sempre, rercordamos que ainda que estea a especialista en conducta animal para controlar á manada de cánidos, cada un de nós ten que prestar atención ó seu can e actuar de forma responsable.

Sub-Cira/Donas-Boqueixón 17 Maio 2015

Este Domingo repetimos unha ruta feita no 2013. Será no Concello de Boqueixón e sairemos da área recreativa de Subcira.

A ruta será circular duns escasos 10 Km onde poderemos disfrutar de dúas bonitas fervenzas.

SubCira_Donas Boqueixón

Neste enlace do Wikiloc tedes máis información.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=4596626

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Maio.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta dos Faros (Laxe-Arou) Domingo 3 de Maio

Só lles falta falar, únese á Ruta dos Faros que arranca en Malpica e remata en Finisterre.

Este Domingo 3 de Maio percorreremos a 4ª etapa que comeza en Laxe e remata en Arou. Coma a ruta anterior será unha ruta Mobo (mochila-bocadillo).

A ruta é lineal, polo que os conductores dos coches terán que coller o bus que facilita a organización (3€) ás 9:00 da mañá no destino (Arou).

Vai ser unha saída máis madrugadora do habitual xa que termos que estar en Laxe ás 8:00 hras.

Saída de Santiago As 6:15hrs.

Xa sei que é un pouco cedo, pero a ruta val a pena só por levantarse un pouco antes do habitual.

Ruta dos faros Laxe Arou

Ruta dos faros

Nestes enlaces podes cosultar con detalle toda a información da ruta.

https://m.facebook.com/events/427662537406991

Etapa 4: Laxe-Arou (18,0 Km)

Ruta Río Pedras (Pobra do Caramiñal)_Domingo 12 de Abril

Este próximo Domingo 12 de Abril realizaremos unha ruta Mobo, e dicir, mochila-bocadillo.

Percorreremos o Río Pedras e disfrutaremos das piscinas naturais que se formaron ó longo do descenso do río como tamén as vistas dende a Serra do Barbanza.

Como a ruta é un pouco máis longa do habitual, levaremos a comida connosco e pararemos a comer polo camiño.

Rio Pedras_Pobra do Caramiñal

d