O próximo Domingo 14 de Xuño, acercarémonos ó Concello de Lousame, ó lado de Noia.
A ruta será xunto ó río Traba polocamiño dos pescadores. Ó comezo da ruta temos un área recreativa e poderemos ver as ruínas de varias antigas fábricas de papel durante a marcha.
O percorrido ten unha distancia duns 9km aproximadamente e de dificultade é media-baixa.
Podedes consultar máis información sobre a ruta no seguinte enlace:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 12 de Xuño.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.


Dama e Rubio apuntanse.
Fusco e eu tamen nos apuntamos
Bico vai. Nos imos directo á rotonda da saída número 27 do corredor Brión-Noia e esperamosvos alí. No cartel pon Lousame- Noia-Augapesada e estaremos alí ás 10.30. Os que vindes dos arredores, podemos fixar este punto de encontro pero poñede no bloq que non ides ata o Corte Inglés. Dama e Rubio xa confirmaron que veñen directos á rotonda (Pablo! Ollo!).
Simón e Bea van ó Hipercor. Levan unha empanada de atún.
Fusco e Bones con Monica e Xoan ali estaremos
Noa e Seville van.
Tarko vai con Fran e Pilar. Tamén iremos á saída 27 do corredor. Levaremos unha empanada (que non sexa de atún) e algo dulce para o postre.
Saúdos.
Ana vai con Soto e Cuscús; imos á saída 27 directamente.
Akila, Menta, Rafa, Lucia y Diario también vamos. Nos vemos en la salida 27.
Marta, Baro y Bubu tambien vamos. A la salida 27. No nos quedamos a comer.
Bea e Simón finalmente van directas á saída 27, non nos esperédes no Hipercor!! Vale…
Ppe
Anna, Javi y Sena también vamos
Pepa vay, vamos o Hipercor, levaremos empanada para compartir.