Aproximadamente cada dúas semanas o club organiza saídas dominicais para os socios e cans. Unha oportunidade única para socializar ás nosas mascotas e visitar con elas montes, lagos, praias… e todo o que vos apeteza.

Praia de Rostro_Praia de Lires

Debido ao éxito da anterior etapa da ruta dos faros, este Domingo 6 de Novembro repetimos.

Esta vez será a 8ª etapa que vai de Nemiña a Cabo Fisterra. Pero non vos asustedes, nós faremos só un tramo de 9 kms que discorrerá dende a praia de Rostro á praia de Lires.

praia-de-rostro-praia-de-lires

A ruta será lineal e comeremos de mesa no destino, xa que o cambio dos coches esta vez leva pouco tempo.

Neste enlace da web da Ruta dos faros poderedes ver toda a información:

Etapa 8: Nemiña-Cabo Finisterre (26,9 Km)

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 4 de Novembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Central Hidroeléctrica do Tambre-Noia

Despois de varias rutas tipo MOBO (mochila bocadillo) queremos volver a demostrar as nosas dotes culinarias.

Por iso este Domingo 2 de Outubro faremos unha ruta cortiña (8 Km) por donde poderemos ver o edificio da Central Hidroeléctrica do Tambre, que é tamén o punto para comer, disfrutaremos do entorno da devesa de Nimo unha fraga que se extende ao longo do Río Tambre.

central-electrica-do-tambre

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 30 de Setembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Pedra do Carro-Esteiro

Non lle damos a espalda ao mar, agora que xa temos cerca o Outono, e seguimos con roteiros con esas vistas marabillosas que a costa galega nos ofrece.

Esta vez percorreremos a ruta da Pedra do Carro en Esteiro no Concello de Muros.

A ruta será o Domingo 18 de Setembro e dunha distancia duns 11 Km polo que a faremos tipo MOBO (mochila – bocadillo).Esto non quita de deixares algo preparado no coche para facer tamén unha pequena merenda (por comer que non falte).

Para máis información, aquí vos deixo os enlaces da páxina de “que ver en Galicia” e da ruta no Wikiloc.

http://www.queverengalicia.com/2013/08/senderismo-subida-pedra-do-cadro-en.html?m=1

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=14730643&utm_source=newactivities&utm_medium=email&utm_content=favourites&utm_campaign=Tue-16Sep13

esteiro-pedra-do-carro

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 16 de Setembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta por Camariñas

O próximo Domingo 4 de Setembro percorreremos un tramo da 5ª etampa do xa tan coñecido  Camiño dos Faros.

A ruta será MoBo (mochila/Bocadillo) duns 14 kms de distancia e de dificultade media/alta.

Hai sendeiros donde se roza con toxos, polo que é aconsellable levar pantalón largo.

A saída será no areal de Arou e iremos ata o Faro do Cabo Vilán.

Camiño dos Faros 5 etapa

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 2 de Setembro.

____________________________________________

O Club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ponte Basebe_ Touro

Este Domingo 21 de Agosto temos preparada unha ruta para tódolos públicos, e dicir, traede nenos, vide os maiores e hasta os físicamente débiles poderedes facer o camiño.

Comenzaremos en Ponte Basebe no Concello de Touro e o paseo discorrerá ó longo do Río Ulla.Déixovos o enlace do Wikiloc pero en realidade a distancia será sólo duns 7 Km de ida e volta e de dificultade baixa

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=14295980#

Ponte Basebe_Touro_Río Ulla

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 19 de Agosto.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Río Pedras – Pobra do Caramiñal

Este Domingo 31 De Xullo realizaremos a Ruta do Río Pedras.

A ruta será tipo MoBo (mochila – Bocadillo) polo que comeremos na metade do camiño.A distancia é duns 13 Km e dificultade moderada.

Para o Domingo espéranos un día fantástico, así que, levade bañador para bañarse nas piscinas naturais do río.

Para máis detalles da ruta podedes entrar no seguinte enlace:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7775661

Rio Pedras_Pobra do Caramiñal2

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 29 de Xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta Por Traba_Lousame

Este Domingo 10 de Xullo visitaremos o Concello de Lousame ao lado de Noia.

A ruta será por Traba, circular e duns 9 km apróximadamente. Podedes encontrar máis información da mesma no seguinte enlace:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350

Traba Lousame

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 8 de Xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta pola Serra do Barbanza

Este Domingo 19 de Xuño percorreremos a Serra do Barbanza. A ruta será circular.

Bonito paseo entre muiños e espectaculares vistas á Ría de Muros e Noia.

Serra do Barbanza

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 17 de Xuño.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Fin de Semana en Oscos

Este fin de semana desprazarémonos a Oscos para pasar a fin de semana entre osos.

O Sábado faremos unha ruta tipo mobo (mochila bocadillo) duns 14 Km apróximadamente.

E o Domingo a ruta será curta para poder facer a comida na casa.

Santa Eulalia de Oscos_Ferreira

A partir do Venres ao mediodía pódemos ir para a casa, aquí vos deixo a dirección para poder chegar ao sitio.Poñeremos unha hora o Venres pola tarde para os que queiran sair en grupo.

http://www.oscosturismorural.es/index.php/id/11/claves/quinta-mapa-situacion-coordenadas-gps-santalla-santa-eulalia-oscos-reserva-biosfera-accesos-carretera

Nos comentarios xa nos imos organizando.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • No aparcamento abaixo do Hipercor.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

RAZO – CAIÓN 8 Maio 2016

Este Domingo 8 de Maio, antes de meternos de cheo na tempada de baño, volveremos a facer a ruta Razo – Caión.

Sairemos da praia de Razo e percorreremos os 4 km de praia ata Baldaio, logo de Baldaio a Caión, o camiño discorrerá por sendeiros e pistas todo pola costa.

A comida será na área recreativa de Caión.

Praia de Baldaio

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 6 de Maio.