Ruta Por Traba_Lousame

Este Domingo 10 de Xullo visitaremos o Concello de Lousame ao lado de Noia.

A ruta será por Traba, circular e duns 9 km apróximadamente. Podedes encontrar máis información da mesma no seguinte enlace:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350

Traba Lousame

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 8 de Xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ruta pola Serra do Barbanza

Este Domingo 19 de Xuño percorreremos a Serra do Barbanza. A ruta será circular.

Bonito paseo entre muiños e espectaculares vistas á Ría de Muros e Noia.

Serra do Barbanza

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 17 de Xuño.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Os Cans como Recurso Educativo

O próximo Sábado 11 de Xuño a Nova Escola Galega organiza un Curso de Educación Canina que impartirá a Especialista en Conducta Animal, María Sabell.
Este, estará orientado á utilización dos cans como recurso educativo.
Toda a información en : www.neg.gal

Curso Nova Escola Galega Xuño 2016

Aulas de Educación Concello de Teo

Nas próximas 4 semanas o Concello de Teo en colaboración con Só lles falta falar organiza unhas Aulas de Eucación Canina que serán impartidas pola Especialista en Conducta Animal, María Sabell.

As persoas que desexen asistir teran que chamar por tfno ao Concello 981 809 707

Lugar: Parque dos Tilos, ao lado da pista de Baloncesto.

Hora : de 19:00 a 21:00hrs

Na páxina do Concello de teo encontrarás máis información.

http://www.concellodeteo.com/actualidade/axenda_det.php?id=1668&lg=gal

Aulas Concello de Teo

Fin de Semana en Oscos

Este fin de semana desprazarémonos a Oscos para pasar a fin de semana entre osos.

O Sábado faremos unha ruta tipo mobo (mochila bocadillo) duns 14 Km apróximadamente.

E o Domingo a ruta será curta para poder facer a comida na casa.

Santa Eulalia de Oscos_Ferreira

A partir do Venres ao mediodía pódemos ir para a casa, aquí vos deixo a dirección para poder chegar ao sitio.Poñeremos unha hora o Venres pola tarde para os que queiran sair en grupo.

http://www.oscosturismorural.es/index.php/id/11/claves/quinta-mapa-situacion-coordenadas-gps-santalla-santa-eulalia-oscos-reserva-biosfera-accesos-carretera

Nos comentarios xa nos imos organizando.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • No aparcamento abaixo do Hipercor.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

RAZO – CAIÓN 8 Maio 2016

Este Domingo 8 de Maio, antes de meternos de cheo na tempada de baño, volveremos a facer a ruta Razo – Caión.

Sairemos da praia de Razo e percorreremos os 4 km de praia ata Baldaio, logo de Baldaio a Caión, o camiño discorrerá por sendeiros e pistas todo pola costa.

A comida será na área recreativa de Caión.

Praia de Baldaio

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 6 de Maio.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ponte Albar 17 Abril 2016

O próximo Domingo 17 de Abril pasaremos un día polas beiras do Tambre

en Ponte Albar ata a aldea de San Juan de Fecha que tera unha lonxitude duns 10Km aproximadamente.

O inicio da ruta está a 20′ de Santiago.

Para os que non saian do Corte Inglés, podémonos ver no pundo de inicio da saída:

Dende Santiago coller a carretera que vai a Carballo (ac 404) , 300 mtsdespois da Fábrica de Mobles Piti Casa desviarse hacia á dereita dirección Trazo (ac 7804) recorrer uns 8-10 min. e chégase a Ponte Albar.

Ponte Albar

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 15 de Abril.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6409037

Tambre_Camiño Inglés 3_04_2016

O próximo Domingo 3 de Abril, e despois dunha parada con Semana Santa e Curso de Rastro incluído, realizarmos unha ruta pola parte norte do Polígono do Tambre (Bálsoma, Formarís,…)

Percorreremos a ponte abandonada da antiga vía de tren da ruta Santiago-Ordes e tamén partes do Camiño Inglés.

Túnel Via tren Santiago-Ordes

No seguinte enlace podedes ver o percorrido e máis información sobre o mesmo.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5206106

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 1 de Abril.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Curso de Rastro 12-13 Marzo

O fin de semana do 12-13 de Marzo, Só lles falta falar organiza un curso de rastro que será impartido por María Sabell, Especialista en Conducta Animal.

O curso é apto par tódolos cans, independientemente de se xa rastrexaran algunha vez ou non.

Combinaremos a parte práctica en zonas urbanas e de monte. O Domigo pola mañá tamén poderán asistir persoas que non asisten ao curso, xa que faremos pistas de rastro polo monte ó mesmo tempo que a realización dunha ruta.

Aquí vos queda o enlace donde teredes toda a información detallada de como se impartirá o curso.

Calqueira dúbida que teñades sobre o mesmo, podedes chamar ao 651352534 ou mandar un correo electrónico a [email protected].

Curso Rastro 2016

Portada CURSO DE RASTRO_Marzo 2016

Ruta polo Ulla (Pontevea)_21 Feb2016

Este Domingo percorreremos as beiras do Ullas polos entornos de Pontevea.

A ruta será circular toda ó largo do río. A dificultade é baixa e a distancia duns

10 Km aproximadamente. No seguinte enlace podedes ver o percorrido da mesma.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=3551626

Ruta Pontevea

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 19 de Febreiro.