Pois despois de tantas semanas de inactividade, regresamos para desconectar e disfrutar dun día no monte. Será este domingo 5 de xullo.
O lugar escollido é Bóqueixón, en contreto o roteiro de Donas-Sucira.
A ruta é de dificultade media e dunha distancia de 10km.
Recordar que debemos manter unha distancia de seguridade de 1,5 mts e nalgún momento, se non é posible, utilizaremos a mascarilla.
Comerenos nunha área recreativa na zona. No lugar hai mesas pero para garantir unha distancia levaremos algunhas mesas máis.
No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre o roteiro.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-donas-subcira-9699816

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 3 de xullo.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en https://cans.gal.