Saída Donas-Sucira (Boqueixón)

Pois despois de tantas semanas de inactividade, regresamos para desconectar e disfrutar dun día no monte. Será este domingo 5 de xullo.

O lugar escollido é Bóqueixón, en contreto o roteiro de Donas-Sucira.

A ruta é de dificultade media e dunha distancia de 10km.

Recordar que debemos manter unha distancia de seguridade de 1,5 mts e nalgún momento, se non é posible, utilizaremos a mascarilla.

Comerenos nunha área recreativa na zona. No lugar hai mesas pero para garantir unha distancia levaremos algunhas mesas máis.

No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre o roteiro.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-donas-subcira-9699816

Área Recreativa de Sucira

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 3 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en https://cans.gal.

 

Curso de Rastro 28 de xuño

Este domingo 28 de xuño realizaremos un novo Curso de Rastro.

Estades a tempo de anotarvos.

Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.

Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.

Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.

Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.

Rastro 28 xuño 2020

 

 

Cans e Gatos – Consultorio

E para rematar esta serie de directos de temas variados e consultorio, traemos un tema que lle é coñecido a moitos donos de cans que tamén conviven con gatos.

María Sabell falará das relacións entre estas dúas especies e a linguaxe que teñen en común.

Poderedes resolver tódalas dúbidas que teñades ao respecto. Para asistir premede no enlace seguinte:

https://m.facebook.com/events/s/cans-e-gatos/282544653109735/

Cans e gatos

 

Situacións do día a día – Consultorio

Hoxe mércores ás 18:00 volvemos a ter un novo Consultorio donde poder resolver tódalas nosas dúbidas.

Ademáis falarase de como o can entende e ve as situacións que se nos presentan a diario.

Podes asistir premendo no seguinte enlace:

https://m.facebook.com/events/s/situacions-do-dia-a-dia-consul/553110882042918/

losdos

Entrevista en Nós Diario

Esta semana, Nós Diario realizoulle unha entrevista a Pablo Freire, Secretario de Só lles falta falar, acerca do Club e dos cans en xeral.

No seguinte enlace podes ver a entrevista completa.

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/cans-son-animais-ideais-ensinarnos-como-solucionan-conflitos-grupos/20200603202346098948.html

Meter un can na casa: azar ou Test de Carácter-Consultorio

No directo de hoxe Mércores, María Sabell explicaranos as ventaxas que ten realizar un Test de carácter antes de meter un can na casa. Recordamos que tamén será consultorio donde podedes resolver tódalas vosas dúbidas.

Será ás 18:00hrs.

Para asitir preme no seguinte enlace:

https://m.facebook.com/events/s/meter-un-perro-en-casa-azar-o-/725542037985540/

Lupa

 

 

Aumentou a agresividade? Volver a quedar na casa solo

Mañá mércores ás 18:00 hrs teremos un novo directo e Consultorio Canino.

María Sabell falará da agresividade e dos cambios que se poden dar nesta nova etapa volver a saír da casa.

Tamén responderá a tódalas vosas preguntas.

Para asistir, preme no seguinte enlace:

https://m.facebook.com/events/s/consultorio-aumento-la-agresiv/230403765055582/

DSC_0900

 

Entender o Olfato

Seguimos cos directos no confinamento.

Mañá mércores ás 18:00 hrs, o tema será o Olfato.

Rastrexar, detectar, discriminar, imos chamar a cada cousa polo seu nome.

Preme no seguinte enlace para entrar no directo:

https://m.facebook.com/events/s/entender-el-olfato/293403398324511/

Django_