Este domingo 4 de febreiro teremos unha nova edición do curso de rastro.
Voltaremos a Boiro inda que nesta ocasión desprazaremónos un pouco máis o noroeste, ó monte de Sandrenzo, xa que no de Vilariño haberá batidas de caza debido o dano sufridos nos cultivos.
No cadro roxo tedes a ubicación de xaneiro e no verde a nova ubicación para este mes.
Novamente poderemos quedar a comer no local que nos cedeu o Concello.
Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.
O curso é gratuito para os socios.
Os non socios podedes contactar con nos en [email protected] para coñecer todos os detalles.
A visitará constará de duas partes (se somos menos de 25 persoas):
Visita guiada con explicaciones al museo, sobre 45 mins aprox. de duración, con preguntas al guía al finalizar. (desafortunadamente a esta parte NON poden ir os cans)
Visita guiada ós restos arqueolóxicos dos castros. Dunha duración de 50 mins aprox. (SI poden ir os cans)
Este clube non soe visitar zoas onde non poidan acompañarnos os nosos amigos, neste caso facemos unha excepción dada a oportunidade de explorar este patrimonio cultural da nosa terra e dado que só non poden acceder ó museo por razóns de espacio. Tamén podedes facer a segunda volta e non á primeira.
Dependendo de a xente que seamos organizaremos para coidar os cans mentres se fai a visita.
De apuntarense máis de 25 persoas non habería problema, pero temos que avisar o guía con tempo para que poida organizar doutra maneira.
Hai unha área recreativa con mesas para comer xusto onde os castros e unha pequena praia cerca.
Organización da saída:
Punto de encontro:
Hipercor de Santiago – porta principal
Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
Hora de saída:
Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
Este domingo faremos unha salida pola zona de Lamas no concello de Boqueixón.
É unha saída distinta as habituais xa que aproveitaremos para buscar un can perdido (Boris, membro do club) pola zona (no caso de que non apareza antes do domingo).