Imos facer a terceira intentona a esta saída. O vindeiro domingo 10 de Novembro
Iremos ata o concello de O Pino onde percorreremos esta ruta circular con comezo e fin en A Rúa. O paseo coincide un anaco co Camiño de Santiago e subiremos ata o punto máis alto do concello (marco xeodésico) dende termos unhas vistas excepcionais sobre o aeroporto de Lavacolla. Durante o descenso cruzaremos a carballeira do pazo de Picón.
Para xantar desprazarémonos ata unha área recreativa preto do aeroporto. A saída é duns 10 km así que estades todo invitados a vir, ánimo!
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 8 de Novembro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

A plantarlle cara ó inverno. Noa, Seville e Pablo van.
¡Parece que domingo mellora algo o tempo! Soto e Ana tamén se apuntan. Levaremos algo quente para tomar…
Marta, David y Jordi van. Porque si no os vais a perder..es que el concello se ha olvidado pober señales.
Esperamos un dia sin lluvias!
Bico disque quere escorrentar o frío facendo a ruta, coa súa dona Anu!
Os humáns de Lila e Lila irán. 🙂
Leito , Petrita e Katia queremos ir…o q pasa e q a conductora ten un pouko de medo por que estes dias tan malos foiseme o coche…asi q se cabemos nalgun vehiculo por favor avisademe..!
Grazas! 🙂
Claro que si! Encontraremos sitio!
¡Sotiño ten un bo espazo para compartir no cochasso de Ana! Iremos a modo!!
Xenial!! pero como habia algun malentendido entre Leito e Soto…a ver a ver!!! 🙂 grazas
Katia,con Bico non haberá malentendidos-de feito non entende nada.Benvidos ao Tronkomobil.Anu
grazas!! mmuakkk
Troula tamén se apunta, e leva os seus maiordomos
Bu e piroco e maria polo menos
It’s arduous to find knowledgeable individuals for this topic, but you could be seen as you recognize what you’re speaking about! Thanks