Ruta Río Tinto

O próximo domingo 24 de Novembro ímonos de ruta por terras de Brión, Rois e Teo. pazofaramello

A ruta, que é circular duns 10km e practicamente cha, comeza nunha pequena área recreativa (onde podemos xantar) preto do Pazo do Faramello e a aldea Angueira de Castro. Pasaremos a carón do río Tinto e camiñaremos un anaco do camiño de Santiago portugués ata a carballeira do Faramello ( onde hai un magnífico cruceiro gótico) Pasaremos pola ponte que cruza o río Tinto (Ponte de Moros ou de Paradela), de feitura romana, probablemente construído na Idade Media.

Subiremos a un pequeno monte con fermosas vistas do Val da Mahía (non é moita subida) Dende alí á carballeira de Santa Arandel e de volta pola aldea de Xinzo e Angueira de Castro ( unha aldea preciosa! sen feísmo!)

Sobre o Castro: ( que desgraciadamente non se pode ver, xa que está sen rozar e non se pode chegar )

… conta a lenda xacobea medieval que era aquí  onde tiña a sua residencia a Raiña Lupa cando os discípulos do Apóstolo Santiago trouxeron a enterrar os seus restos a Galicia. Hoxe en día pode verse dentro do recinto do castro, capital da tribo dos Amaeos, restos de muros, a maior parte posiblemente medievais, entre os que destacamos unha construción rectangular de case 70 metros de longo por uns 40 de ancho. Recentemente foi declarado  Ben de Interese Cultural.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 22 de Novembro.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

0 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *