Tarta de améndoa

recetas

Ola a todos, nesta nova sección do blog atoparedes as indicacións e todo o que precisades para emular as comidas estrela que os socios levan ás saídas. E por suposto todos podedes enviar as vosas á dirección do blog ([email protected]) para que as publiquemos.

E xa para comezar, a primeira será a tarta de améndoa cortesía de Pablo, Noa e Seville.

INGREDIENTES: Para a tarteira de 30 cm de diámetro

– Recipiente / molde de aluminio onde vamos a meter a mestura.

– 10 ovos

– 1/2 Kg. de améndoa moída

– 1/2 Kg. de azucre

– 1 limón

– 2 culleradas de levadura

– Margarina

– Papel de repostería

– 2 tapóns de brandy/cogñac

PROCESO DE PREPARACIÓN:

Vamos a preparar toda a mestura nun bol.

Verter os ovos, mesturar co azucre e remexer ben a mestura.

Engadir a améndoa e volver a remexer a mestura.

Raiar o limón pero solo hasta chegar o branco, non engadir o branco do limón,

Solo o verde ou marelo. Mellor que estea  un pouco verde.

Por ultimo engadimos á mestura o limón raiado , cogñac e a levadura.

Remexemos ben todo.

Impregnamos o recipiente ( de aluminio), de margarina e poñemos o papel por toda a parte interna do recipiente.

Vertemos a mestura no recipiente e metemos no forno a 200ºC , 45 minutos aproximadamente.

Nota: Tamén se pode facer na tarteira que sexa a metade desta utilizando a metade de tódolos ingredientes.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *