Ola a todos, logo do verán retomamos as actividades do club e que mellor maneira de facelo que cunha saída.
Desta volta iremos ata o monte Meda, será o domingo 16 de Setembro.
A ruta será circular con saída e chegada ó convento de Herbón.
A comida poderémola facer no propio convento. Cada quen que leve o que queira xa que a comida quedará nos coches e so teremos que cargar con algunha botella de auga.
A dificultade é media cunha lonxitude aproximada de 8 Km e un desnivel de 210 m.
Haberá furgoneta para os 7 primeiros humanos que queiran facer uso dela. e tamén o que queira pode ir directamente para o convento de Herbón.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Saída dende o Hipercor de Santiago
- Data límite: Venres día 14 de Setembro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Seville, Noa e Pablo asistirán.
Levarei carrito por se o monte é moi empinado.
Akila y Lucía también nos apuntamos. Nos vemos en Santiago!
son maria levarei a manuel , carlos, maria as nenas , bu piroco,e fox terriers
Xa tentei enviar varias veces unha mensaxe, mas como non vexo que saian vou tentá-lo de novo. Son Rosa e irei con Lupa.
Simba e máis eu, Roberto, esperamos en Herbón enfriando líquidos e farémo-lo posible por ter pementos para unha tapa á volta do roteiro segundo a hora de retorno estarán fritidos ou teremos que fritilos… e tentaremos tamén converter algo de auga en viño para o carrito de Pablo…
Irei co Papageno e coa Osa. Faremos uso da furgoneta.
Son Katia, vou con Leo e Petra, tamen faremos uso da furgoneta ;))
Ímos Max, Lobo e máis eu. Vémonos en Herbón
Salvo catástrofe iremos el srto Daniel y yo. En principio salimos a Herbón
Al final mañana no iremos. Acabamos de llegar de hacer una ruta y estamos pasados de revoluciones. Sentimos no poder disfrutar de vuestra compañía. Esperamos recuperarnos para la salida de Vedra. Que lo paseís muy bien y cuidado con el calor.