Estamos a preparar unha saída de fin de semana ás Médulas, máis concretamente á contorna do lago Carucedo. Imos a quedarnos nunhas cabanas de turismo rural que ademais serán o centro das camiñatas para que así tamén se animen os socios con menos “afección ” a andar.
O prezo das cabanas dependerá da cantidade de xente que estea apuntada. Iso si, os que queirades que o voso can durma dentro da cabana haberá que pagar un suplemento de 6 €.
A saída será os días 26-28, sairemos o 26 ó redor das 16:00 dende Santiago.
O límite para inscribirse nesta saída será o 15 deste mes. Os que desexedes usar o servizo de furgoneta tedes que especificalo cando vos apuntedes usando os comentarios desta entrada.
Estas son as indicacións para chegar á casa rural na que se pasará a fin de semana:
Rural Médulas
La Campañana (Municipio de Carucedo)
Indo pola A-6 no kilómetro 400 collemos o desvío á N-120 e seguimos as indicacións de Las Médulas ata a localidade de Carucedo. Unha vez que no pobo hai que seguir as indicaciós cara Campañana.
E para os que usades GPS estas son as coordenadas: 42,509482, -6,785592 (Tamén as podedes usar nos mapas de google para ver onde está a casa)
Aquí vos deixamos un enlace con información da zona www.ruralmedulas.es
A viaxe:
Dende Santiago sairase ás catro da tarde, para os que ides en furgo farase visita a domicilio ;-D Logo arrancaremos cara Ourense, Monfore, Barco… En Ourense farase unha pequena parada para que os socios que saian dende alí, se así o desexan, se unan ó convoi. Contamos cos ourensáns para que propoñan un punto de encontro.
Non esquezades que os que o desexen poderán darse o gusto de bañarse no río, así que non deixedes o bañador na casa! E ollo ó dato: A comida do domingo será tipo MOBO, que non pille a ninguén despistado.
Aquí tedes as fotos da fin de semana:
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

SALIDA Y FURGONETA PARA ROCKO,LOURDES Y DANIEL
Paréceme moi interesante, teño que darlle xeito e confirmo antes do 15
Paréceme moi interesante, vou tratar de darlle xeito e confirmo antes do 15
Intentade deixar o voso nome para saber con quen contamos 😀
Una zona preciosa!!! Tambien lo confirmaremos antes del 15 pq mi dueña está lesionada y ni puede conducir y me tiene de vacaciones en casa de mi tia, pero como aun faltan dias y hay la opción de no andar y de furgoneta…. a ver si hay suerte y podemos ir
Desde Orense nos apuntamos Laura (Bolt) y Lucía (Mica) con el incremento de 6€ para los dos perros :). Iremos en coche propio hasta alli, si podeis poner un punto de encuentro.
Oído cocina!! Cando teñamos máis información iremos actualizando a entrada.
Me apunto y me llevo Sara para que vea mundo 😀
en furgo of course !!!!
apuntome con Duna para ir ás Medulas. Se é que se confirma; antonia e Duna
vas en furgoneta?????
Akila y Lucía también se apuntan pero vamos directas desde Coruña. Duermo con mi dueña así q sumadme el incremento de los 6 euros. Un lambetazo!!
Tina pequecha y yo (Paula) también nos unimos, y nos apuntamos las dos a la furgoneta y a dormir bajo techo claro, jeje. Esperamos que la propuesta siga en marcha ya que hasta hoy no somos muchos quienes nos hemos animado… Nos mantendremos pues pendientes de las novedades
LA SALIDA ESTA CONFIRMADA. DURANTE LA SEMANA QUE FALTA IREMOS CONCRETANDO DETALLES
Hola ¿que pasa coa comida?, cada un leva a súa ou hai bote?, sería interesante que puxerades algo sobre este tema, bueno non sei se se ten falado pero sería bo que se puxera no blog.
Sara, e sobre todo Drow, está moi preocupado por este tema, je,je,je
chao
Greta y Marisa lo vemos un poco “crudo”, no podemos confirmar hasta saber como va la convalecencia, así q en principio no conteis con nosotras.
Si finalmente la recuperación va bien y hay un huequito para nosotras nos adaptaremos a las condiciones e iremos.
De lo contrario… pasadlo bien!
Desde Ourense somos tres adultos (Lucía, Víctor y Laura) y dos niños (Mica y Bolt). Si necesitais que nos encarguemos de algo (comida pos ejemplo…) nos avisais.
Un saludo.
MENOS MAL QUE ALGUIEN PIENSA EN COMER.
Creo que non vou poder ir, porque únicamente dispoño do sábado, e o vexo complicado; Tería que incorporarme a media mañán co correspondente problema de coordinación, e sair o domingo pola mañán cedo. Tratába de darlle xeito pero finalmente non o consigo (Duna depre, coas ovellas que xa se veían nas imaxes, que boa pinta…)
SE ENVIA UN CORREO CON LA INFORMACION DE COMIDAS, VIAJE Y ZONA DE CARUCEDO.
LEERLO Y SI HAY ALGUNA PROPUESTA O QUEREIS HACER CORRECCIONES LO COMENTAIS
Tarde, mal e arrastro (¡vaia novidade!) ¿Habería sitio para dous racionais(ás veces), Manolo e María, e para tres irracionais(ás veces), Linda, Tina e Pinto? Iriamos no noso coche.
Mandádenos imformación,como, canto e cando se paga, comidas…
Un soborno para que nos deixedes ir: levo licor café e caña. ¿A que agora xa é día 15?
Un saúdo.
Podemos falar sen berrar? Digoo polo malo costume de escreber en maísculas en foros ou polo correo 😉
Como di o comentario 22 escribir en maiúsculas nos foros interprétase como falar “berrando”. Como a maioría dos socios sodes “novatos” nestas lides non o tomamos pola tremenda :-). Aínda que xa sabedes… Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis!!!
Unha aperta a todos e agardamos que o pasedes moi ben e que fagades moitas fotos para máis inri dos que non podemos ir.
Unha aperta.
No hay problema, te envio un correoen el transcurso del día,
Saludos
Hola! Para los q vamos directamente hasta Carucedo, podéis poner algún punto de encuentro porfi? Yo no conozco la zona. Sobre q hora llegaréis más o menos para hacer mis cálculos para salir desde Coruña?, porque entre que vais parando a recoger a la gente tardaréis lo vuestro. Un saludo!
Buenos dias, te envío un correo con el teléfono de contacto. Calculo que llegaremos a Carucedo sobre las 19,30-20,00 horas.
Hasta este punto pienso que es fácil llegar siguiendo las indicaciones del blog.
Después ya iríamos a La Campañana juntos.
Hola!
Ayer me encontré a Lucia con Akila y me dio el “empujoncito” q necesitaba para ir, si todavía nos haceis un hueco a Greta y a mi. Yo no haré rutas, me daré pequeños paseos por allí, pero si espero q os lleveis a Greta a hacer alguna pq le hace mucha falta correr y jugar.
Por favor, q alguien me envíe información acerca de lo q hay q llevar de comida y demás. Lucia, Marisa, Akila y Greta iremos directamente a Carucedo en mi coche y llegaremos sobre las 20h, ok?
Ah! No necesito sitio para Greta en la casa, duerme perfectamente en el coche.
Hasta mañana!
A ver esas foticas!!!
Daeme unha certa dor observar como dende hai unhas semanas as comunicacións por correo do club fanse en castelán, chegando a deturpar topónomos de xeito ridículo “El Pajonal”. Agardo que o club non se convertera nesa sucursal pepera que intúen algúns socios e que sexa algo máis que pendurar “foticas” de domingo a feixes.
Dende o nacemento do blog as publicacións sempre respectaron a fonte e o idioma no que se sente máis cómodo o autor. En casos de publicacións en idiomas como o inglés faise tradución para a maior difusión das mesmas dentro club deixando de tódolos xeitos enlaces ó idioma orixinal (por exemplo: http://wp.me/p1IBYY-o). Esta é a política deste blog, apoiada pola directiva. Seguiremos a publicar os artigos na lingua que o autor prefira, sexa galego ou castelán. Isto non interfire en outras labores do blog como é a participación no grupo de tradución oficial de WordPress ó galego.
Respecto ó segundo tema non vou a emitir opinión algunha, só expresar que o blog non é o foro adecuado para expresar esas inquedanzas e menos de forma anónima e sen aportar algo construtivo. A participación no blog é libre e aberta pero evidentemente o entorno WordPress ten ferramentas de control dos comentarios dispoñibles para os administradores do blog, tanto pasivas como activas . Dende o blog animamos que os comentarios continúen a ser coma ata o momento correctos e construtivos, doutra maneira veriámonos obrigados a utilizar as ferramentas, datos e políticas de privacidade dispoñibles.
Simón D.
This website is very good! How did you make it .