Río Traba_Lousame 14 Xuño 2015

O próximo Domingo 14 de Xuño, acercarémonos ó Concello de Lousame, ó lado de Noia.

A ruta será xunto ó río Traba polocamiño dos pescadores. Ó comezo da ruta temos un área recreativa e poderemos ver as ruínas de varias antigas fábricas de papel durante a marcha.
O percorrido ten unha distancia duns 9km aproximadamente e de dificultade é media-baixa.

Podedes consultar máis información sobre a ruta no seguinte enlace:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350

Ruta Traba_Noia

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 12 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

14 comentarios

  1. Bico vai. Nos imos directo á rotonda da saída número 27 do corredor Brión-Noia e esperamosvos alí. No cartel pon Lousame- Noia-Augapesada e estaremos alí ás 10.30. Os que vindes dos arredores, podemos fixar este punto de encontro pero poñede no bloq que non ides ata o Corte Inglés. Dama e Rubio xa confirmaron que veñen directos á rotonda (Pablo! Ollo!).

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *