Dende fai uns anos Só lles falta falar ven traballando de xeito estable cos cans de rastrexo.
E debido á demanda deste tipo de traballo co can, creouse o grupo de rastrexadores, membros do Club que dedican o seu tempo a adestrar o seu can e a axudar na búsqueda de cans perdidos e de persoas desaparecidas.
Quremos agradecer a estes socios todo o traballo que realizan e que sempre están dispostos a axudar cando nos avisan as autoridades para buscar a unha persoa.
Son traballos, a veces duros, xa que, en moitos casos a vinculación emocional é grande.
Por iso, moitas grazas aos rastrexadores de Só lles falta falar por estar dispostos sempre a botar unha man.
GRAZAS!!
Aproveitamos tamén para deixarvos o enlace da reportaxe que nos fixo a TVG no día de onte.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-fds-4332060?t=1968


