Monte Tahume – Porto do Son

Este domingo 5 de novembro toca saída de altura. Iremos ata o Concello do Porto do Son para subir ao Monte Tahume e se o día nos acompaña con claros, podemos disfrutar das súas bonitas vistas.

O roteiro terá unha lonxitude de 10 km e será de dificultade moderada.

Podedes ver mais información no seguinte enlace do wikiloc :

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15485227

Monte Tahume_Porto do son

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 3 de novembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

 

27 comentarios

  1. Sandra e Ana van con Chipie, pero como nos queda perto a zona de Porto do Son, queríamos saber se hai posibilidade de nos encontrarmos convosco noutro lugar. Ir a Santiago implícanos ir un contrasentido xa que temos que ir en dirección contraria.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *