Senda Río Sisalde (Barrañán-Arteixo)_4 Outubro 2015

Este Domingo 4 de Outubro desprazarémonos cara o Norte para visitar o Concello de Arteixo. Percorreremos a Senda do Río Sisalde en Barrañán e tamén poderemos disfrutar da praia do mesmo nome.

Senda Rio Sisalde_Arteixo

A comida será na Área recreativa ‘Os Barreiros’ na Parroquia de Monteagudo.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 2 de Outubro

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

16 comentarios

  1. Ola, Monica e Xoán iremos con Bones e Fusco. Duas cousiñas:

    1. Iremos directamente. Desde onde será a saída e a que hora quedamos alí?
    2. Poderían acompañarnos miñá irmá e meu cuñao aínda que non sexan socios?

  2. Eu sairei dende A Laracha, polo que xa nos vemos en Barrañán.
    Para chegar, hai moitas maneiras pero a máis sinxela é coller a Nacional hacia a Coruña e despois de Carral antes de chegar a Alvedro podedes coller a Autovía A6 (Madrid-Arteixo) sentido Arteixo.Facédela ata o final e na rotonda se vos metedes hacia o polígono de Sabón, pasando por Inditex xa colledes a carretera hacia Barrañán (DP 0514). Vémonos na recta da praia.

  3. Pepa quiere ir, ¿alguien me puede esperar en Carral ?, para no perderme, salgo de Sigueiro, decirme hora y sitio por favor, dejo teléfono 649 158120, llevamos empanada y cerveza.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *