Ruta Praia das Cunchas, Rianxo-22 de Marzo 2015

O Domingo 22 de Marzo, esperamos case día primaveral e visitaremos a praia das Cunchas en Rianxo.

Logo pasaremos polo petroglifos dos Mouchos e a Aldea “maldita” de Abuín e subiremos ó mirador onde poderemos disfrutar dunhas fermosas vista á Ría de Arousa.

Praia das Cunchas_Rianxo

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 20 de Marzo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio do Club. Máis información na web do club.

11 comentarios

  1. David y Jordee van. Para comer estaremos en la playa, llevo los bancos y mesa que tenemos. Traed algo facil para compartir. Haremos una comida en la playa.

    De la aldea maldita os dejo aqui el cuento de Castelao.

    “Camiño esquecido”

    Camiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.

    Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”.

    Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máís alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente.

    Casales de boa pedra, lagares que lembran fartura, trabes apodrecidas, moreas de tella; todo vai amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación, as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito.

    Debaixo dunha nogueira seca senteime a debullar sentimentos que aínda hoxe están alí en espera…

    Cando volvín á casa escoitei de miña avoa a hestoria da aldea esquecida.

    — Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o mosteiro de Armenteira.

    » Agardando o intre do reparto da riqueza, o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soupo do tesouro.

    » Dende aquela todas foron desgracias. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrenta-lo mal fado ergueron cruceiros a eito.

    » De nada valeu nada. No remate sóupose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben.

  2. Lusco (Bones) e Fusco van, e nos tamén claro (Xoán e Mónica). Como vamos desde Vigo agardaremos xa por vos na praia a iso das 10:30, supoñendo que a ruta comece desde aí. Se non é así dicídenos onde quedar.

    1. Si aparcamos alli. La ultima playa de Rianxo. (A Cuncha) No creo que lleguemos antes de las 10.45.
      Antes de iniciar la subida al mirador quedamos en la playa un poco para disfrutar de ella.

  3. ¡Bon día! Soto, Cuscús, Ana e Eva van mollar as pernas en Rianxo!! Levamos ensladilla rusa e birras frescas. Nos tamén imos a praia directamente. ; )

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *