só lles falta falar
Saída Monte do Gozo
Para comenzar a ruta deixaremolos coches nas inmediacións do estadio multiusos de San Lázaro. A marcha será ó redor do Rego de Aríns, camiñaremos aproximadamente uns 10 km por camiños case sen asfaltar e cruzaremos áreas de bosque autóctono.
Para que vaiades abrindo apetito deixámovos unha aproximación á ruta que faremos o domingo.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Pulpo na pulperia de San Lazaro O Tangueiro.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 31 de Xaneiro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Saída Tambre-Sigüeiro
Ola a todos, esta fin de semana teremos unha nova saída.
De novo será preto de Santiago, en Sigüeiro onde pasearemos pola beira do río Tambre. Agardamos que esta nova saída sexa do agrado de tódolos socios.
A ruta é sinxela, plana e serán uns 7-8 km. Vai facer un día espléndido e caloroso.
Está é a ruta que imos seguir:
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 14 de Xuño.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.


