Saída Malpica

malpicaPara loitar un pouco coas temperaturas destes días o próximo domingo 14 de Xullo achegarémonos ata Malpica.
Esta é unha ruta circular de aproximadamente 8 km. É unha ruta que poderemos completar en algo menos de 3 horas e que transcorre pola praia do centro do pobo, pola costa pasando polo monte ata a ermida de San Adrián.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 12 de Xullo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.