Magosto`12

O próximo domingo 11 de Novembro chega como tódolos anos o Magosto do club Só lles falta falar. Este ano celebraremos o magosto no Concello do Pino. Máis concretamente na praia fluvial do río Mera, a uns 20 km de Santiago (Preto do aeroporto).
Na praia hai mesas e grellas para facer churrasco e por suposto as castañas!
Na contorna Ler máis

Magosto 2011

20111119-214113.jpgXa chegou o frío e como non, temos unha nova edición do Magosto do club. Como as cousas hai que facelas ben pensamos que o mellor lugar para celebrar o magosto é a terra das boas castañas, é dicir, Ourense. A isto hai que sumarlle o bo facer da delegación de Ourense que se están a converter nuns perfectos anfitrións, por todo isto o magosto repetirá a ubicación do ano pasado.

O lugar de celebración será a area recreativa de Boutureira, a data o domingo 27 de Novembro.

Durante o día, ademais de comer castañas, poderemos facer unha sinxela ruta polos arredores da área recreativa. Será unha ruta  Ler máis