Charla Online con ACEM

O próximo venres 23 de outubro estaremos na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) falando dun tema moi interesante:

“Soporte Terapéutico e Cans de Asistencia”.

Á charla non se poderá asistir presencialmente pero poderase ver online a través do programa Zoom.

María Sabell, Especialista en Conducta Animal que colabora con Só lles falta falar en moitas actividades será a encargada de impartila.

Se queres participar é necesario que te inscribas no mail [email protected] ou nos teléfonos 981575240 ou 620533471.

Data: venres 23 de outubro

Hora: 12:00 hrs

Esperámoste!!

Ruta dos tres ríos- Touro

O próximo domingo 27 de setembro faremos un roteiro no Concello de Touro, a Ruta dos tres ríos.

Aínda que o  percorrido é circular, faremos un roteiro de ida e volta, dunha distancia duns 8 km, de dificultade media. Se alguén non quere facer a ruta completa, pode dar a volta cando queira.

Podes encontrar máis información e como chegar ao punto de inicio no seguinte enlace do wikiloc:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-touro-3-rios-10131364

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 25 de setembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en https://cans.gal.

Roteiro Aríns – Santiago

Este domingo 19 de Xullo irémonos á Parroquia de Aríns en Santiago de Compostela.

O percorrido terá dunha distancia de 8 km e de dificultade baixa-media. Espérase calor, polo que a maior parte do camiño será ao longo do rego de Aríns.

No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre a ruta:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-arins-6065777

 

Roteiro Aríns

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 17 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en https://cans.gal.

Curso de Rastro 28 de xuño

Este domingo 28 de xuño realizaremos un novo Curso de Rastro.

Estades a tempo de anotarvos.

Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.

Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.

Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.

Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.

Rastro 28 xuño 2020

 

 

Meter un can na casa: azar ou Test de Carácter-Consultorio

No directo de hoxe Mércores, María Sabell explicaranos as ventaxas que ten realizar un Test de carácter antes de meter un can na casa. Recordamos que tamén será consultorio donde podedes resolver tódalas vosas dúbidas.

Será ás 18:00hrs.

Para asitir preme no seguinte enlace:

https://m.facebook.com/events/s/meter-un-perro-en-casa-azar-o-/725542037985540/

Lupa