Ruta Alto San Bieito

Este domingo 26 de febreiro teremos unha nova saída.

Dependendo do tempo faremos unha das seguintes rutas (na mesma zona ambas)

Saída dende Bustelo

Saída dende Portela

O mais probable é que salgamos dende Bustelo, punto de encontro na capela.

Importante!! Os que vos apuntedes estade atentos ó blog.

A dificultade e media/alta segundo o tempo.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 24 de febreiro

Ruta Santuario de Gundián

Este domingo 12 de febreiro teremos unha nova ruta, esta vez no concello de Vedra

Podedes ver a ruta aproximada aquí

A distancia aproximada é de uns 9 Km dificultade media

Temos mesas onde se pode quedar a comer

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 10 de febreiro

Ruta Marrozos – O Eixo

Este domingo 15 de xaneiro teremos unha nova saída.

Podedes ver a ruta aproximada aquí (O punto de inicio é a carón do campo de fútbol e o centro sociocultural de Marrozos)

A distancia aproximada é de uns 10 Km dificultade fácil-media

No punto de inicio hay unha zona cuberta onde se pode quedar a comer (non ten mesas, pero levaremos a do clube, se podedes levar algún banco ou cadeira pregabre poñédeo no blog para organizar)

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 13 de xaneiro

Despedida do ano – Ruta monte Pedroso

Boas!

Este domingo tiñamos pensado facer unha ruta para despedilo ano, e facer algunha actividade coa un amigo invisibel para os cans.

Pero o tempo non ten moita pinta de deixarnos disfrutar moito do día coas actividades.

Ainda que o tempo non vaia ser o millor propoñemos facer unha ruta curta polo monte Pedroso en Santiago este domingo 18.

A ruta sería mais ou menos a que podedes ver aquí

O recorrido final sempre podemolo acortar si o tempo é moi malo

O punto de inicio será este

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 16 de decembro.

Sabemos que é un pouco tarde para que algúns os organicedes, pero esperamos que aínda así os animedes a apuntarvos.

Ruta Rianxo-Abudín

Este domingo 4 de decembro faremos unha ruta polo concello de Brión.

Podedes ver a ruta aquí

A distancia é duns 9 km e a dificultade media.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 2 de decembro.

Curso de rastro mes de novembro

O domingo 6 de novembro teremos unha nova edición do curso de rastro.

Ollo!! Esta vez realizarase en Brión, ó carón do centro de Protección Civil

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.

O curso e gratuito para os socios.

Os non socios podedes contactar con nos en [email protected] para coñecer todos os detalles

Fin de semana na Fonsagrada – Casa da Bastida – 2022

O fin de semana do 11-13 de novembro, recuperamos os fins de semana.

Será na Casa da Bastida, na Pobra de Burón , Concello da Fonsagrada.

https://www.casadabastida.com/index.html

O venres xa se pode ocupar a casa (Confirmaremos hora). Cada persoa irá segundo os horarios que cada un poida.

IMPORTANTE!!! As prazas son limitadas e se concederán por orden segúndo vos apuntedes.

Para apuntarse por favor enviade un correo co voso nome e os dos vosos acompañantes (de dous e de catro pernas/patas) a [email protected] e con copia a [email protected] (debido a que algúns correos vosos chegan a spam segundo se envíen a unha ou outra conta)

Ruta de información sábado:
Ruta do Gallol: 15 km dificultade media/alta
É unha das rutas máis espectaculares e fermosas de Fonsagrada e na provincia de Lugo, onde podemos visitar a fermosa Área Natural de Carballido, dentro da Rede Natura e declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. Conserva unha das mellores formacións do bosque atlántico galego, con numerosos tipos de árbores e arbustos, algúns pouco comúns no resto de Galicia.
Tomaremos unha ruta reducida – uns 15 km de ida e volta.
Irémonos a Castro de O Castelo e subiremos ata o muíño e a aldea abandonada de Paradas, probablemente un dos lugares máis illados de Galicia e recorreremos os nosos pasos.
Para aqueles que queren camiñar menos, hai a posibilidade de volver antes e facelo no punto onde nos desviamos cara a vila de Paradas que significaría a metade dunha ruta.
Ruta do domingo: 5 km dificultade baixa
Ruta ou forno do bolo:
Percorrido curto polo galaicoastur de Rivendell.
Está situado en Queixoiro. Ruta moi agradable entre piñeiros, carballos e cinzas cara ao río e algunhas fermosas fervenzas. Entramos no mundo dos hobbits e elfos

Fonsagrada ruta Gallon

O domingo despois de xantar esperamos que María Sabell poida impartir unha charla, como ven sendo habitual

Nos comentarios do Blog podemos ir dicindo o que levamos de comer para organizarnos un pouco.