Este Domingo 28 de Setembro arrancámonos á explorar un pouco máis os sendeiros do Monte Pedroso en Santiago de Compostela. Xa rematando a ruta, adentrarémonos na urbe para comer na Finca Simeón en Vista Alegre.

Distancia: 7 km aprox.
Dificultade: fácil
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para os que Vaian directamente ó punto de saída, verémonos sobre as 10:30 hrs, no merendeiro do Pedroso ( o que está ó lado da carretera subindo hacia as antenas, non o merendeiro da Granxa do Xesto o que ten a cafetería).
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 26 Setembro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
|
|
|
|
|
Noa e a Sevilla vanse perder ó Pedroso.
Vou cos Papagenos.
Claudia, Alfonso, Bourbon e Tekila estaremos no Corte Inglés ás 10. Vemonos.
Soto e Cuscús, que baixan o sábado da montaña, tamén se apuntan e levan a Ana e Sisca
Apuntome ao paseo polo Pedroso, Antonia-Duna
Si todo va bien David, Marta y Jordee vienen! Vamos directos al Pedroso!
Troula, sonia e paulo tamén estamos pensando en ir. Tamén imos directamente ao Pedroso.
Vinde oh! Que Cuscús quer coñecer a Troula! ; )
OLA: MANOLO, MARÍA E A SÚA FAMILIA PELUDA SINTEN NON PODER IR DE CAMIÑATA CON TODOS VOS, PERO TEMOS DUAS RAZÓNS DE PESO.
A PRIMEIRA E MAIS IMPORTANTE E QUE PINTO VOLVE ESTAR MAL (PROBLEMAS DE FÍGADO E ANEMIA).
A SEGUNDA E QUE TÓCANOS ABRIR O BAR DA COMISIÓN DE FESTAS ESTE DOMINGO (E O VINDEIRO FIN DE SEMÁN).
PASÁDEO MOI BEN E FACER FOTOS PARA DARNOS ENVEXA, PORFA……
Ala, pois a poñer moitas copas de pacharán no buchinche.E que Pinto se mellore.